Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar, tras o período estival, o terceiro relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro mércores 16 de setembro. Este ciclo, que celebra a súa VI edición, pretende dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.
Nesta ocasión, os protagonistas serán os integrantes do estudo Ameneiros Rey, que nos acompañarán nun percorrido polos seus traballos profesionais realizados en Galicia ao longo dos últimos anos.
PONENTE

Ameneiros Rey I HH arquitectos é un estudio fundado en Santiago de Compostela en 2010 por Ismael Ameneiros Rodríguez e Santiago Rey Conde, ambos formados na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Dende un estudio de pequena escala, desenvolven proxectos públicos e privados en Galicia, abordando diversas tipoloxías sen unha especialización definida.
O seu traballo caracterízase por unha clara vocación local e por unha arquitectura pragmática, sensible ao contexto, á cultura, á economía e ás particularidades do territorio galego. A súa práctica combina unha sólida formación académica cunha aproximación próxima e racional á profesión, que eles mesmos definen como un «pragmatismo galego».
INSCRICIÓN
Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.
A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.
ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN
DATA:
Mércores 16 de setembro de 2026
HORARIO:
19:00 a 20:30 horas
LUGAR:
Sede Afundación.
Rúa do Vilar, 19 , Santiago de Compostela.
PATROCINADORES:
Agradecemos o apoio e compromiso mostrado por cada unha das empresas que colaboran con este ciclo:
- GRUPO RODIÑAS
- FINSA
- TEJAS VEREA
- ALUMAN
- PAUDEPEDRA
