Categoría

Casos de éxito de arquitectura sostible

Casos de éxito de arquitectura sostible

Dende o Colexio de Arquitectos poñemos ao alcance da sociedade galega algúns dos mellores exemplos de arquitectura e urbanismo sostible, onde os arquitectos, ademáis de proxectar con calidade, obtiveron bos resultados na mellora da eficiencia enerxética e outros aspectos da sustentabilidade, como poden ser a súa integración ambiental, o uso de materiais naturais ou reciclaxes, enerxías renovables, circularidade, iluminación natural, calidade do aire, certificados de construción sostible, etc. Todo iso encamiñado a lograr o confort e benestar dos usuarios, o que redundará nunha mellora da calidade de vida e a saúde de todos nós.

Para acceder ás gravacións pique aquí

Día Mundial da Arquitectura 2025 – Illa de Arousa – Manuel Gallego Jorreto

Día Mundial da Arquitectura 2025 – Illa de Arousa – Manuel Gallego Jorreto

A Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrará o Día Mundial da Arquitectura o vindeiro venres, 17 de outubro, cunha visita á Illa de Arousa para coñecer de preto as obras do arquitecto Manuel Gallego Jorreto situadas na vila. A visita contará coa participación de Pablo Gallego e coa colaboración do Concello da Illa de Arousa.

As obras que se visitarán son exemplos significativos da arquitectura pública galega contemporánea, nas que Manuel Gallego Jorreto combina a tradición construtiva local coa modernidade e o respecto polo lugar:

  • Casa do Concello: edificio de liñas sobrias e volumes pétreos que dialoga coa contorna urbana e marítima, interpretando a arquitectura institucional desde unha escala humana.
  • Auditorio Municipal: proxectado como centro social e cultural integrado no conxunto urbano, combina diferentes usos nun único edificio que se relaciona coa Casa do Concello e co espazo público, ofrecendo unha arquitectura funcional e coherente coa identidade da illa.
  • Centro de Interpretación da Conserva: situado no que foi, no seu día, a primeira fábrica industrializada de conservas de Galicia —a Conserveira Goday—, o espazo recupera a memoria industrial da illa e pon en valor a tradición conserveira mediante unha rehabilitación sensible e respectuosa.
  • Rehabilitación das casas modernistas: reconvertidas para usos socioculturais, esta intervención exemplifica o coidado pola conservación do patrimonio construído, adaptándoo a novos usos sen perder a súa identidade orixinal.

Programa da xornada:
17:00 h Apertura
17:05 h Lectura do manifesto
17:15 h Intervención das autoridades
17:30 h Visita guiada ás obras

Punto de encontro: diante da Casa do Concello da Illa de Arousa.

Disporase dun autobús para todas as persoas interesadas, con saída ás 16:00 h dende a Capela de San Roque (Pontevedra), e regreso previsto ás 20:30 h.

A actividade é aberta ao público. Para unha mellor organización, prégase confirmar asistencia e reservar praza no autobús antes das 14:00 h do xoves 16, a través da seguinte LIGAZON.

A Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG

Conferencia “O secuestro da vivenda”

Conferencia “O secuestro da vivenda”

O mércores 15 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: O SECUESTRO DA VIVENDA. Por que é tan difícil ter casa e como isto pode romper a sociedade, impartida polo investigador de referencia neste ámbito, Jaime Palomera, Doutor en Antropoloxía Económica da Universitat de Barcelona e investigador, e fundador, do Institut de Recerca Urbana de Barcelona (IDRA).  read more…

HABITAR EN COOPERATIVA. O FUTURO DA VIVENDA: Conferencia e debate aberto á cidadanía

HABITAR EN COOPERATIVA. O FUTURO DA VIVENDA: Conferencia e debate aberto á cidadanía

O mércores 15 de outubro, ás 17:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia e debate titulada: HABITAR EN COOPERATIVA: O FUTURO DA VIVENDA. Unha conferencia e debate cos colexiados/as e coa cidadanía, na que participarán, como relatores, o arquitecto Ramón Fernández Sánchez e a experta Carmen Pérez de la Cruz, membros respectivos das cooperativas de vivenda en cesión de uso denominadas: OUTRA FORMA DE VIVENDA e ALVARIZA. read more…

Festival atmósferas

Festival atmósferas

A arquitectura efémera é unha tipoloxía que adoita asociarse aos eventos puntuais, pero tamén é un elemento capaz de crear atmosferas e experimentar co espazo para producir novas formas de comprendelo.

O festival atmosferas é un festival de arquitectura efémera que se desenvolverá na cidade da Coruña no outono de 2025. Este evento busca reflexionar sobre os espazos públicos da cidade a través da arquitectura. A elección da tipoloxía arquitectónica, efémera, permite non afectar de forma permanente a cotiandade pero si servir de ensaio para a comprensión do espazo público dunha maneira diferente.

O festival terá lugar durante unha semana na que non só serán visitables as obras durante tres días, senón que estas acompañaranse de conferencias das arquitectas e arquitectos participantes. Desta forma as propostas do festival servirán para achegar a arquitectura á sociedade que poderá experimentala, sometela a crise e reflexionar ao redor dos conceptos que mostran as diferentes obras. Atmosferas será o primeiro festival de arquitectura efémera contemporánea realizado en Galicia.

DATAS
do 7 ao 12 de outubro

EMPRAZAMENTO
O festival situarase na Cidade Vella da Coruña, nas seguintes localizacións:
– Punto de información. Plazuela dos Ángeles
– Instalación praza de Azcárraga
– Instalación colexiata de Santa María
– Instalación praza da Bárbaras
– Instalación atrio da Fundación #Luis Seoane
– Instalación Porta de Aires
– Sala de exposicións Palacio de María Pita

ACTIVIDADES PARALELAS
O Festival contará cun conxunto de actividades paralelas vinculadas a el. A esencia do Festival é a construción das obras de arquitectura efémera, pero ademais búscase o impacto social, polo que se realizarán charlas a cargo dos arquitectos e arquitectas que construirán as propostas e outros eventos.
– Martes 7/18h presentación das obras no Salón Real do Palacio de María Pita
– Martes 7/19h charla de Eduard Callis no Salón Real do Palacio de María Pita
– Xoves 9/13h charla de Xevi Bayona no salón de actos da ETSAC
– Sábado 11/13h charla de Arturo Lezcano na praza de Santa Bárbara
– Visitas guiadas ao Festival: venres 19h, sábado 19h 7 22h

[+info]

Co patrocinio da Comisión de Cultura do COAG.

Ciclo “Arquitectura y Tecnología”

Ciclo “Arquitectura y Tecnología”

El CSCAE lanza el ciclo “Arquitectura y tecnología” para que los arquitectos tengan información actualizada en digitalización, industrialización y sostenibilidad. La primera sesión, centrada en inteligencia artificial, arrancará el próximo miércoles, 8 de octubre, a las 17.30 horas. El ciclo tendrá una periodicidad quincenal y podrá seguirse a través del canal de YouTube del CSCAE. read more…

EN PROXECTO. Debate sobre o Espazo público da Coruña

EN PROXECTO. Debate sobre o Espazo público da Coruña

O mércores 8 de outubro, ás 17:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a mesa redonda titulada: EN PROXECTO. Debate sobre o Espazo público da Coruña, na que participarán os arquitectos Jose González-Cebrián, Felipe Peña Pereda, Cristina García Fontán, Juan Creus Andrade e Covadonga Carrasco López. Coa moderación de Jorge Rodríguez Álvarez. read more…

Semana da Arquitectura de Ferrol 2025. Arquitectura Relixiosa

Semana da Arquitectura de Ferrol 2025. Arquitectura Relixiosa

SEMANA DA ARQUITECTURA DE FERROL 2025
ARQUITECTURA RELIXIOSA
8 e 9 de outubro de 2025

Un ano máis, todos os arquitectos do mundo están chamados a celebrar o Día Mundial da Arquitectura e o Hábitat. Por mor desta celebración, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza a Semana da Arquitectura de Ferrol 2025 dedicada á Arquitectura Relixiosa, en colaboración co Concello de Ferrol, a Diocese Mondoñedo Ferrol e a Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. read more…

#COAGconta: Casos prácticos a nivel medio de IA e TIC

#COAGconta: Casos prácticos a nivel medio de IA e TIC

Este xoves 16 de outubro ás 13:00 horas, Sergio Manes (arqMANES), arquitecto, docente e divulgador dixital, ensinaranos novos casos prácticos de uso da intelixencia artificial.

Este #COAGconta estrutúrase en dous bloques complementarios, que responden ás distintas fases do proceso de deseño:

IA sen modelos 3D

Ferramentas accesibles que permiten pasar dun prompt ou dun esbozo a propostas de deseño útiles na fase conceptual.

IA con modelos 3D

Apoio na exploración, iteración e toma de decisións sobre o proxecto.

O obxectivo da sesión é amosar como a IA pode acompañar o 100% do proceso de deseño, non só xerar infografías.

Sergio Manes (arqMANES) é arquitecto, docente e divulgador dixital con ampla experiencia na representación arquitectónica e no uso de tecnoloxías aplicadas ao deseño. A través da súa canle e do seu labor académico difunde ferramentas innovadoras como BIM, IA e software de renderizado, sempre cun enfoque práctico e accesible para profesionais e estudantes.

Para seguir en directo a xornada, é necesaria a inscrición na seguinte [+ ligazón]

Colabora  

Festival atmósferas

Festival atmósferas

A arquitectura efémera é unha tipoloxía que adoita asociarse aos eventos puntuais, pero tamén é un elemento capaz de crear atmosferas e experimentar co espazo para producir novas formas de comprendelo. O festival atmosferas é un festival de arquitectura efémera que se...

Ciclo “Arquitectura y Tecnología”

Ciclo “Arquitectura y Tecnología”

El CSCAE lanza el ciclo “Arquitectura y tecnología” para que los arquitectos tengan información actualizada en digitalización, industrialización y sostenibilidad. La primera sesión, centrada en inteligencia artificial, arrancará el próximo miércoles, 8 de octubre, a...