O mércores 15 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: O SECUESTRO DA VIVENDA. Por que é tan difícil ter casa e como isto pode romper a sociedade, impartida polo investigador de referencia neste ámbito, Jaime Palomera, Doutor en Antropoloxía Económica da Universitat de Barcelona e investigador, e fundador, do Institut de Recerca Urbana de Barcelona (IDRA).
Síntese
A especulación ameaza o futuro do país, pero aínda estamos a tempo de cambialo.
Vivir nas nosas cidades é como xogar unha partida amañada de Monopoly: uns poucos acumulan propiedades mentres a maioría loita por non quedarse fora. O resultado? Unha sociedade cada vez máis desigual, onde herdar ou non pode definir o teu destino.
Jaime Palomera desmonta un a un os mitos que rodean ao mercado da vivenda. A partir de casos de éxito como Viena ou Singapur, amosa por que os prezos non van deixar de subir e como só cambios estruturais evitarán que barrios e pobos se convertan en cotos privados ao servizo duns poucos privilexiados.
Para explicar todo isto basearase nas investigacións que deron lugar a un libro de referencia que se titula de forma análoga a esta conferencia “El secuestro de la vivienda”. Un libro que non só desentraña as raíces dunha crise que afecta a millóns de persoas, senón que tamén explica como o mercado sí está intervido, pero a favor do rentismo. Unha chamada á acción, a repensar as políticas actuais e a devolver á vivenda a súa condición de dereito fundamental.
Jaime Palomera

Jaime Palomera é unha referencia indiscutible a nivel europeo no ámbito de estudo das problemáticas de acceso á vivenda. Doutor en Antropoloxía Económica pola Universitat de Barcelona, investigador e cofundador do Institut de Recerca Urbana de Barcelona (IDRA) e do Sindicat de Llogateres. Obtivo un máster na Universidade de Londres e ten traballado en diversas institucións, ademais de ter sido investigador visitante en New York e París. Ten publicado estudos en prestixiosas revistas científicas internacionais dos últimos 40 anos. Ao longo da súa traxectoria, ten combinado o estudo académico co activismo, contribuíndo á construción de alternativas concretas e viables para garantir un país onde todas as xeracións poidan vivir con dignidade.
DATA:
Mércores 15 de outubro de 2025– 19:00 horas
LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
COLABORA:
Asociación cultural Flor de Santiago
