A arquitectura efémera é unha tipoloxía que adoita asociarse aos eventos puntuais, pero tamén é un elemento capaz de crear atmosferas e experimentar co espazo para producir novas formas de comprendelo.
O festival atmosferas é un festival de arquitectura efémera que se desenvolverá na cidade da Coruña no outono de 2025. Este evento busca reflexionar sobre os espazos públicos da cidade a través da arquitectura. A elección da tipoloxía arquitectónica, efémera, permite non afectar de forma permanente a cotiandade pero si servir de ensaio para a comprensión do espazo público dunha maneira diferente.
O festival terá lugar durante unha semana na que non só serán visitables as obras durante tres días, senón que estas acompañaranse de conferencias das arquitectas e arquitectos participantes. Desta forma as propostas do festival servirán para achegar a arquitectura á sociedade que poderá experimentala, sometela a crise e reflexionar ao redor dos conceptos que mostran as diferentes obras. Atmosferas será o primeiro festival de arquitectura efémera contemporánea realizado en Galicia.
DATAS
do 7 ao 12 de outubro
EMPRAZAMENTO
O festival situarase na Cidade Vella da Coruña, nas seguintes localizacións:
– Punto de información. Plazuela dos Ángeles
– Instalación praza de Azcárraga
– Instalación colexiata de Santa María
– Instalación praza da Bárbaras
– Instalación atrio da Fundación #Luis Seoane
– Instalación Porta de Aires
– Sala de exposicións Palacio de María Pita
ACTIVIDADES PARALELAS
O Festival contará cun conxunto de actividades paralelas vinculadas a el. A esencia do Festival é a construción das obras de arquitectura efémera, pero ademais búscase o impacto social, polo que se realizarán charlas a cargo dos arquitectos e arquitectas que construirán as propostas e outros eventos.
– Martes 7/18h presentación das obras no Salón Real do Palacio de María Pita
– Martes 7/19h charla de Eduard Callis no Salón Real do Palacio de María Pita
– Xoves 9/13h charla de Xevi Bayona no salón de actos da ETSAC
– Sábado 11/13h charla de Arturo Lezcano na praza de Santa Bárbara
– Visitas guiadas ao Festival: venres 19h, sábado 19h 7 22h
Co patrocinio da Comisión de Cultura do COAG.
