EN PROXECTO. Debate sobre o Espazo público da Coruña

6 Out 2025

O mércores 8 de outubro, ás 17:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a mesa redonda titulada: EN PROXECTO. Debate sobre o Espazo público da Coruña, na que participarán os arquitectos Jose González-Cebrián, Felipe Peña Pereda, Cristina García Fontán, Juan Creus Andrade e Covadonga Carrasco López. Coa moderación de Jorge Rodríguez Álvarez.

Síntese

No marco das actividades da Semana da Arquitectura, reúnense nesta mesa redonda seis profesionais, con intervencións no espazo público da cidade, algunhas xa realizadas e outras en proxecto, para reflexionar, dende a experiencia, sobre as distintas problemáticas do espazo público da cidade da Coruña.

Algunhas das cuestións que poderán estar enriba da mesa, entre moitas outras, serán: Como asegurar que estes espazos estean ao servizo da cidadanía e da mellora da súa calidade de vida? Como mellorar o deseño, a xestión e a produción do espazo público da cidade? Como transformar o papel das técnicas urbanísticas para reducir as limitacións de uso do espazo público? Como promover mellores prácticas espaciais nos espazos públicos? Como favorecer os usos inclusivos, espontáneos e populares, a colectivización e o empoderamento espacial? Como reactivar os valores simbólicos, culturais e inmateriais?

José González-Cebrián Tello, Doutor arquitecto e Catedrático de Urbanística e Ordenación do Territorio. Foi Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1996-2005).

Felipe Peña Pereda, Doutor arquitecto e Profesor Honorario na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Académico da Real Academia Galega de Belas Artes.

Cristina García Fontán, Doutora arquitecta e Profesora da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Juan Creus Andrade, Doutor arquitecto e Profesor Titular da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio. Socio fundador de CREUSeCARRASCO estudio.

Covadonga Carrasco López, Arquitecta e socia de CREUSeCARRASCO estudio.

Jorge Rodríguez Álvarez, Doutor arquitecto e Profesor Titular da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

DATA:
Mércores 8 de outubro de 2025– 17:30 horas

LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZAN:
Delegación da Coruña do COAG
Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña
ETSAC, UDC

COLABORAN:
Adegas Lagar do Vento
Asociación cultural Flor de Santiago

Compartir