Categoría
Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas
RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT402A).
Exposición pública Aprobación Inicial do Proxecto de Urbanización do PERI-2-R Sánchez Aguilera. Convocatoria de reunión de traballo e envío de suxestións e achegas
En relación ao trámite de exposición pública do documento de aprobación inicial do Proxecto de urbanización do PERI-2-R Sánchez Aguilera do Concello de Ferrol, cuxo prazo para a presentación de alegacións finaliza o día 8 de FEBREIRO de 2026, convócase unha reunión de traballo sobre este asunto, que terá lugar nas oficinas da Delegación o vindeiro xoves día 22 de XANEIRO ás 19:30 horas.
Cea e acto de entrega do Reconocimiento “Arquitectura para un Mundo Mellor”
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), coa colaboración da Delegación de Santiago, organizan unha cea con motivo da entrega do Premio “Arquitectura para un Mundo Mellor”, que terá lugar o sábado 31 de xaneiro de 2026 no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela. O encontro servirá para facer entrega deste recoñecemento profesional, co que se distingue a persoas ou entidades que, dende a súa labor, contribúen a reforzar e enriquecer os valores profesionais, sociais e culturais vencellados á arquitectura. read more…
Oferta de colaboración profesional.
Estudo de arquitectura PORTELA VARELA PUENTE ARQUITECTOS SLP con sede en CULLEREDO (A Coruña), selecciona arquitecto/a colaborador autónomo para desenvolvemento de proxectos de edificación.
Oferta de colaboración profesional.
Estudo de arquitectura Basalo Arquitectos S.L. con sede en Ourense, selecciona arquitecto/a colaborador autónomo para desenvolvemento de proxectos de execución.
#COAGconta: Eficiencia enerxética. Desenvolvemento de exemplos, con CE3X e con HULC. Continuación
Hoxe, mércores 14 de xaneiro de 12:00 a 14:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale continúan a sesión do 16 de decembro. Desenvolverán diversos exemplos, con CE3X e con HULC, analizando distintas melloras desde o punto de vista da análise enerxética e económica, e xustificando vantaxes e inconvenientes de cada unha delas. Tamén realizarán algúns “números gordos” para aproximarnos á mellor opción.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
Prórroga de las desgravaciones fiscales para la rehabilitación energética de viviendas y edificios
- Las deducciones para la reducción de la demanda en calefacción y refrigeración en viviendas, así como para la mejora en el consumo de energía primaria no renovable se extienden al 31 de diciembre de este año.
- La rebaja fiscal en edificios residenciales se amplía al 31 de diciembre de 2027.
- Las deducciones están vinculadas a unas determinadas reducciones de la demanda o de los consumos de energía. read more…
Curso práctico de deseño e cálculo de instalacións eléctricas | Últimos días matriculación
O mércores, 04 de febreiro, ás 23:59h remata o prazo de matriculación do curso.
Durante este curso realizaremos unha aproximación práctica aos fundamentos das instalacións eléctricas, a través dunha visión global destas instalacións e as repercusións que estas teñen sobre o deseño arquitectónico. Desde os centros de transformación ás instalacións interiores, o programa do curso desenvolve procedementos de deseño, dimensionado e cálculo dos diferentes tramos de que consta a instalación eléctrica nos edificios e o contorno urbano próximo.
Este curso está dirixido:
- A arquitectos que desexen iniciarse no deseño e dimensionado das instalacións eléctricas para o desenvolvemento dos seus propios proxectos.
- A arquitectos que desenvolven as instalacións en colaboración con outros profesionais, este curso facilitaralles os coñecementos necesarios para a coordinación do proxecto e a dirección da obra, incluídas as modificacións que poidan xurdir durante a mesma.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 120 euros
- Arquitectos colexiados: 80 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 55 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 25/01/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 25/01/2025 ata o mércores 04/02/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de decembro de 2025
Concello de Miño – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-A Coruña de 9 de xaneiro, publícase o anuncio das Bases que rexerán a convocatoria e proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de Arquitecto/a por quenda libre e concurso-oposición, reservada a persoal funcionario/a, en execución da segunda Oferta de Emprego Público extraordinaria do Concello de Miño para o ano 2025. read more…
Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións privadas
RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e...
Exposición pública Aprobación Inicial do Proxecto de Urbanización do PERI-2-R Sánchez Aguilera. Convocatoria de reunión de traballo e envío de suxestións e achegas
En relación ao trámite de exposición pública do documento de aprobación inicial do Proxecto de urbanización do PERI-2-R Sánchez Aguilera do Concello de Ferrol, cuxo prazo para a presentación de alegacións finaliza o día 8 de FEBREIRO de 2026, convócase unha reunión...
Cea e acto de entrega do Reconocimiento “Arquitectura para un Mundo Mellor”
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), coa colaboración da Delegación de Santiago, organizan unha cea con motivo da entrega do Premio “Arquitectura para un Mundo Mellor”, que terá lugar o sábado 31 de xaneiro de 2026 no Hotel Monumento San Francisco, en...
Oferta de colaboración profesional.
Estudo de arquitectura PORTELA VARELA PUENTE ARQUITECTOS SLP con sede en CULLEREDO (A Coruña), selecciona arquitecto/a colaborador autónomo para desenvolvemento de proxectos de edificación. Tipo de contrato: Colaborador autónomo Requisitos: Imprescindible manexo de...
Oferta de colaboración profesional.
Estudo de arquitectura Basalo Arquitectos S.L. con sede en Ourense, selecciona arquitecto/a colaborador autónomo para desenvolvemento de proxectos de execución. Tipo de contrato: Colaborador autónomo Requisitos: Coñecementos técnicos propios da redacción de proxectos...
#COAGconta: Eficiencia enerxética. Desenvolvemento de exemplos, con CE3X e con HULC. Continuación
Hoxe, mércores 14 de xaneiro de 12:00 a 14:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale continúan a sesión do 16 de decembro. Desenvolverán diversos exemplos, con CE3X e con HULC, analizando distintas melloras desde o punto de vista da análise...
Prórroga de las desgravaciones fiscales para la rehabilitación energética de viviendas y edificios
Las deducciones para la reducción de la demanda en calefacción y refrigeración en viviendas, así como para la mejora en el consumo de energía primaria no renovable se extienden al 31 de diciembre de este año. La rebaja fiscal en edificios residenciales se amplía al 31...
Curso práctico de deseño e cálculo de instalacións eléctricas | Últimos días matriculación
O mércores, 04 de febreiro, ás 23:59h remata o prazo de matriculación do curso. Durante este curso realizaremos unha aproximación práctica aos fundamentos das instalacións eléctricas, a través dunha visión global destas instalacións e as repercusións que estas teñen...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de decembro de 2025
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de decembro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais,...
Concello de Miño – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-A Coruña de 9 de xaneiro, publícase o anuncio das Bases que rexerán a convocatoria e proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de Arquitecto/a por quenda libre e concurso-oposición, reservada a persoal funcionario/a, en execución da segunda...