En relación ao trámite de exposición pública do documento de aprobación inicial do Proxecto de urbanización do PERI-2-R Sánchez Aguilera do Concello de Ferrol, cuxo prazo para a presentación de alegacións finaliza o día 8 de FEBREIRO de 2026, convócase unha reunión de traballo sobre este asunto, que terá lugar nas oficinas da Delegación o vindeiro xoves día 22 de XANEIRO ás 19:30 horas.
Para a reunión de traballo sobre este asunto, asistirá parte do equipo redactor do documento. Farán unha exposición inicial e participarán na reunión de traballo, resolvendo as dúbidas e consultas expostas polos colexiados.
A inscrición para asistir a esta reunión realizarase a través do seguinte FORMULARIO. Agradécese a todos aqueles colexiados que non poidan asistir presencialmente á reunión de traballo remitan as súas suxestións e achegas antes do día 23 DE XANEIRO a traves dese mesmo formulario.
O documento pode consultarse a través do seguinte enlace: https://www.ferrol.
