Cea e acto de entrega do Reconocimiento “Arquitectura para un Mundo Mellor”

14 Xan 2026

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG),  coa colaboración da Delegación de Santiago, organizan unha cea con motivo da entrega do Premio “Arquitectura para un Mundo Mellor”, que terá lugar o sábado 31 de xaneiro de 2026 no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela. O encontro servirá para facer entrega deste recoñecemento profesional, co que se distingue a persoas ou entidades que, dende a súa labor, contribúen a reforzar e enriquecer os valores profesionais, sociais e culturais vencellados á arquitectura.

Premiados nesta edición

Tras reunirse o xurado do Premio, integrado por persoas colexiadas do COAG, decidiu conceder o Premio “Arquitectura para un Mundo Mellor” 2025 a:

  • Dr. Manuel Guaita, enxeñeiro agrónomo e catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, por 25 anos de labor docente, divulgativo e investigador no campo da tecnoloxía e construción con madeira en Galicia, contribuíndo de xeito decisivo á recuperación e innovación da construción en madeira no noso contexto territorial.
  • Dr. Manuel Touza, enxeñeiro de Montes con máis de 30 anos de experiencia en centros tecnolóxicos da madeira, polo seu compromiso coa investigación, a transferencia de coñecemento e a intervención en proxectos de madeira e rehabilitación, apoiando de forma continua o exercicio profesional de arquitectas e arquitectos e outros axentes do sector.

O xurado subliñou que ambos os premiados son figuras principais e indispensables para comprender a recuperación do coñecemento e da cultura da construción con madeira en Galicia, así como o seu desenvolvemento e innovación, que están a influír nun profundo proceso de transformación da arquitectura na nosa comunidade.

Programa do evento

  • 20:00 h — Recepción
  • 20:30 h — Acto de entrega do Premio “Arquitectura para un Mundo Mellor”
  • 21:00 h — Cea

Inscrición e participación

Para unha correcta organización requírese a inscrición cubrindo os datos do formulario así como o envío do xustificante da transferencia do importe da cea antes das 14:00 horas do martes 27 de xaneiro a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

O acto e a cea son abertos a calquera persoa interesada, e o importe da participación é de 40€ en xeral, e de 20€ para os colexiados e colexiadas no COAG. O número de conta no que facer o ingreso é o seguinte:

ES87 3183 1500 9410 0347 0422

No concepto deberase indicar o NOME DO ASISTENTE seguido de CEA RECOÑECEMENTO 2026.

As prazas son limitadas, polo que a inscrición solo se fará efectiva no momento do pago. No caso de cancelación reembolsarase o pago do 100% do importe si esta se comunica antes do 27 de xaneiro ao correo xd.santiago@coag.es.

Animámosvos a asistir a este encontro onde, un ano máis, celebramos a nosa profesión, compartimos experiencias e recoñecemos a achega daqueles que colaboran na construción dun mundo mellor dende ámbitos complementarios á arquitectura.

Compartir