Categoría

Conferencia de LCG Arquitectura: Ancora imparo

Conferencia de LCG Arquitectura: Ancora imparo

O mércores 25 de febreiro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Ancora imparo que será impartida polos arquitectos Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo, arquitectos e socios do estudio LCG Arquitectura. read more…

Víctor Cageao e as Coleccións Reais

Víctor Cageao e as Coleccións Reais

O 26 de febreiro de 2026, ás 20:00 horas, celébrase na Delegación do COAG-Lugo unha xornada con Víctor Cageao, arquitecto lucense, que falará sobre a dirección dunha das coleccións máis relevantes integradas en Patrimonio Nacional e sobre a súa relación cun dos edificios de referencia da arquitectura contemporánea no noso país: a Galería das Coleccións Reais.

read more…

[continuación] #COAGconta: Modificacións normativas incorporadas pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas

[continuación] #COAGconta: Modificacións normativas incorporadas pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas

O xoves 19 de febreiro ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Xefe Servizo Disciplina Urbanística e Conservación do Concello de Vigo e Ignacio Soto González, Arquitecto Municipal do Concello de Teo, continuarán a explicarnos os cambios en varias disposicións legais en materia de urbanismo e edificación que trouxo a Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, coñecida como Lei de acompañamento.

Podes acceder a gravación da primeira parte, picando na seguinte [+ ligazón]

(Lembra que podes ter acceso a todalas gravacións de xornadas exclusivas para colexiados dende a páxina web do COAG, apartado servizos / formación / gravación de xornadas de asesoramento)

Para acceder á Lei de acompañamento, pica na seguinte  [+ ligazón]

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte  [+ ligazón]

Colabora

Presentación do informe sobre a ‘Evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2020-2025’

Presentación do informe sobre a ‘Evolución do visado de vivendas de nova planta no período 2020-2025’

O COAG presentou os datos de 2025, así como un amplo informe sobre a evolución dos visados dos últimos seis anos, por provincias e comarcas, no que se constata un crecemento sostido. O Colexio de Arquitectos de Galicia visou 4.839 vivendas de nova planta en 2025, un 39 % máis que no ano anterior, Rexistráronse 3.374 vivendas colectivas, un 59 % máis que en 2024, e 1.465 vivendas unifamiliares, cun aumento do 8 % con relación ao 2024. read more…

11 de febreiro – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

11 de febreiro – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Unión Profesional de Galicia, en representación de 46 Colexios Profesionais da comunidade autónoma galega e na celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, mostra o seu compromiso coa plena e igualitaria participación das mulleres nas profesións científico-técnicas e no sistema de ciencia. Unión Profesional de Galicia aposta por traballar para incrementar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as novas e recortar a brecha de xénero que, sen dúbida, impacta de forma negativa no desenvolvemento socio-económico de Galicia. read more…

Oferta de Emprego

Oferta de Emprego

 KNF Arquitectura & Ingeniería con sede en  Vigo,  selecciona arquitecto/a asalariado. Funcións: Director técnico para xestionar equipo técnico.  Requisitos: 5 anos de experiencia Posto ofertado: Asalariado Interesados: Enviar C.V. a...

Oferta de Emprego

Oferta de Emprego

 AEstudio Arquitectura con sede en  A Coruña,  selecciona arquitecto/a asalariado. Funcións: Realizar e colaborar con todolos traballos do estudo.  Requisitos: Arquitecto/a con un mínimo de experiencia de un ano en outro estudo. Coñecemento  de BIM, archicad o...

Víctor Cageao e as Coleccións Reais

Víctor Cageao e as Coleccións Reais

O 26 de febreiro de 2026, ás 20:00 horas, celébrase na Delegación do COAG-Lugo unha xornada con Víctor Cageao, arquitecto lucense, que falará sobre a dirección dunha das coleccións máis relevantes integradas en Patrimonio Nacional e sobre a súa relación cun dos...

[continuación] #COAGconta: Modificacións normativas incorporadas pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas

[continuación] #COAGconta: Modificacións normativas incorporadas pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas

O xoves 19 de febreiro ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Xefe Servizo Disciplina Urbanística e Conservación do Concello de Vigo e Ignacio Soto González, Arquitecto Municipal do Concello de Teo, continuarán a explicarnos os cambios en varias disposicións...