11 de febreiro – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

11 Feb 2026

Unión Profesional de Galicia, en representación de 46 Colexios Profesionais da comunidade autónoma galega e na celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, mostra o seu compromiso coa plena e igualitaria participación das mulleres nas profesións científico-técnicas e no sistema de ciencia. Unión Profesional de Galicia aposta por traballar para incrementar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as novas e recortar a brecha de xénero que, sen dúbida, impacta de forma negativa no desenvolvemento socio-económico de Galicia.

Unión Profesional de Galicia súmase á celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, hoxe 11 de febreiro de 2026, xornada que pretende recoñecer o papel crave e estratéxico que desempeñan as mulleres na comunidade científica e tecnolóxica.

O tema de 2026 do Día Internacional é Aproveitar as sinerxias entre a intelixencia artificial, as ciencias sociais, as STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e o sistema financeiro: construír un futuro inclusivo para as mulleres e as nenas. Ante o aumento das desigualdades sociais, a integración da intelixencia artificial (IA), as STEM e a economía perfílanse como un enfoque de catro piares para acelerar un desenvolvemento inclusivo e sostible, segundo recoñece Nacións Unidas e ratifica Unión Profesional de Galicia.

A Asemblea Xeral da ONU declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía. Na súa resolución do 22 de decembro de 2015, a Asemblea Xeral aprobou unha resolución que proclamaba este Día Internacional e encomiaba as iniciativas levadas a cabo pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), a Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Empoderamento das Mujeres (ONU Mujeres), a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e outras organizacións competentes para apoiar ás mulleres científicas e promover o acceso das mulleres e as nenas á educación, a capacitación e a investigación nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.

Compartir