O mércores 11 de febreiro, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, tivo lugar unha Xornada informativa sobre Licenzas, Disciplina Urbanística e IAE.
Facilítase aquí o enlace á citada xornada que foi posible grazas á colaboración da Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña, a través do seu titular, Francisco Dinís Díaz Gallego, así como grazas á colaboración dos seguintes relatores, que participaron na mesma:
- Ana Debén Rodríguez, Xefa da Oficina técnica de Licenzas e Disciplina Urbanística.
- Alberto Aguilar Vázquez, Xefe de Servizo de Rehabilitación e Vivenda.
- Beatriz Moar Ulloa, Xefa de sección de Disciplina Urbanística.
- José Botana Penas, Xefe da Oficina técnica de Rehabilitación.
- Yolanda Teixido Infante, Xefa do Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística.
Conscientes da complexidade, tanto normativa, como técnica e/ou burocrática, á que se enfrontan os arquitectos/as nos seus encargos, esta xornada quixo dar un paso máis nun diálogo construtivo que puidese servir para poñer as distintas dúbidas e dificultades enriba da mesa, debatilas e/ou respondelas en común, e axudar a abrir vías de resolución dos problemas, en aras de facilitar o traballo dos colexiados/as.
Como documentación complementaria á xornada, facilítase aquí novamente o enlace ao vídeo da anterior Xornada do IAE, que se celebrou o 18 de setembro de 2023, e que está dispoñible coa correspondente clave de usuario/a do COAG: https://www.coag.es/profesion/xestionscolexiais/videos/acceso.aspx?Id_video=6
Facilítase tamén o enlace no que os arquitectos/as poderán pedir cita previa para atender de forma presencial, nos servizos de urbanismo do Concello da Coruña, consultas sobre os informes técnicos emitidos dos seus proxectos: https://www.coruna.gal/urbanismo/es/cita-previa/pida-aqui-su-cita-presencial
E, igualmente, facilítase de novo o enlace á documentación asociada, documento tipo checklist, que a Directora de Urbanismo do Concello da Coruña, Gloria de la Montaña Alcántara-García, puxo a disposición dos asistentes, na anterior Xornada sobre licenzas do día 6 de novembro de 2024, para exemplificar os aspectos que se revisan de forma sistemática nos proxectos que se entregan no Concello da Coruña co obxectivo de conseguir licenza:
Esta terceira xornada de apoio á actividade profesional dos arquitectos/as, a primeira delas fora relativa ao IAE e a segunda relativa a licenzas, abriu tamén a posibilidade de enviar consultas previas.
DATA
Mércores 11 de febreiro de 2026 – 17:00-20:30 horas
LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
ORGANIZA
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña
