Oficina de Apoyo a la Rehabilitación
Informe sobre as axudas á vivenda

Actualizado 02 | 05 | 24 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios...

Prazo de achegas ao borrador do Regulamento da Agrupación de Arquitect@s nas Administracións Públicas

Prazo de achegas ao borrador do Regulamento da Agrupación de Arquitect@s nas Administracións Públicas

Tal e como se indica na Circular 8 2024, e conforme ao previsto na circular 24/2023, a Comisión Xestora da “Agrupación de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas” aprobou por maioria un proxecto de Regulamento de dita Agrupación, coa denominación de “Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas” (AGAAP), que será sometido á Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional e posteriormente elevado á Xunta Xeral para a aprobación definitiva. Neste sentido, ábrese un prazo de achegas para que as persoas colexiadas interesadas fagan as suxestións que consideren oportunas ao respecto do texto do Regulamento. read more…

AGAU – Primeira reunión informativa

AGAU – Primeira reunión informativa

O próximo xoves 23 maio, as 19:00 h, realizarase unha reunión telemática informativa sobre a Agrupación de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG.

Convidamos a todos os colexiados e colexiadas interesadas no eido do Urbanismo, a Ordenación do Territorio e a Paisaxe a asistir a esta primeira reunión para conversar sobre a necesidade da súa creación e ser coñecedores dos pasos que se están dando para a formación da Agrupación.

A duración prevista é e unha hora, seguindo a orde do día:

  1. Por qué pensamos necesaria a AGAU-COAG?
  2. Proceso levado a cabo
  3. Aspectos relevantes do regulamento
  4. Os pasos futuros

Aínda que o foro non é limitado será necesario inscribirse a través deste enlace, para obter o link de acceso.

Páxina web da AGAU-COAG

Acordo de colaboración ArchiEspaña – COAG_ Oferta colectiva para Archicad Collaborate

Acordo de colaboración ArchiEspaña – COAG_ Oferta colectiva para Archicad Collaborate

Desde a área de formación e innovación do COAG, está a porse en marcha unha planificación de accións, divulgativas e formativas, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Como parte destas accións, O COAG estableceu un acordo de colaboración ca empresa ArchiEspaña Software SL, distribuidor oficial de Graphisoft, que facilite aos arquitectos colexiados a adquisición do programa ARCHICAD, específico para o desenvolvemento de proxectos arquitectónicos, con máis de 30 anos de presenza no mercado mundial.

Este acordo materialízase nunha oferta colectiva para a adquisición da ferramenta de modelado BIM entre os membros do COAG, cun desconto do 30% sobre o precio da licencia de Archicad Collaborate de un, dous ou tres anos, e inclúe Archicad, BIMcloud SaaS y BIMx Pro segundo a duración seleccionada. O desconto do 30% aplicarase cun código de desconto único para cada colexiado, proporcionado por ArchiEspaña. Os prezos ofertados son os seguintes:

  • Archicad Collaborate 12 meses: 1.288 € (prezo Store: 1.840 €)
  • Archicad Collaborate 24 meses: 2.447 € (prezo Store: 3.496 €)
  • Archicad Collaborate 36 meses: 3.478 € (prezo Store: 4.968 €)

Nota: Os prezos non inclúen impostos. Prezos no Store de Graphisoft a 13/05/2024. Estes prezos poden cambiar a criterio de Graphisoft.+

Como parte deste acordo, ArchiEspaña ofrecerá formación en liña en directo aos colexiados segundo calendario. Os colexiados poderán acceder á formación en liña de Graphisoft a través do Graphisoft Learn (portal de formación de Graphisoft) onde existen varias decenas de cursos de formación en español e inglés. Ademáis, ArchiEspaña será responsable do soporte técnico de Archicad Collaborate para as licenzas compradas baixo este acordo de colaboración. Devandito soporte técnico impartirase segundo o horario comercial de ArchiEspaña e das condicións do servizo.

Nos vindeiros días, publicaremos a información detallada acerca do procedemento para a adquisición destas licenzas.

Conferencia Andrés Martínez de la Riva “Límites y oportunidades del urbanismo participativo”

Conferencia Andrés Martínez de la Riva “Límites y oportunidades del urbanismo participativo”

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago, organizan o ciclo de conferencias denominado “Territorios Análogos”. Este ciclo, que conta con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fóra de Galicia, e que en poderían gardar certa analoxía coa nosa realidade territorial. read more…

Xornada “A construción do local”

Xornada “A construción do local”

Con motivo da itinerancia da exposición da #XVIBEAU no Mercado de Santo Agostiño na Coruña, o vindeiro xoves 16 de maio, ás 18:30 horas, terá lugar, na Delegación de A Coruña do COAG, a XORNADA “A construción do local”, que inclúe unha conferencia impartida por H arquitectes, premiados na categoría de “Obras”, e unha posterior mesa redonda ―moderada polo profesor Alberte Pérez― sobre o papel da arquitectura na conservación dunha cultura propia. read more…

Visita ás instalacións da pranta de aluminio en Cervo de ALCOA e ao estaleiro en Burela de ARMON

Visita ás instalacións da pranta de aluminio en Cervo de ALCOA e ao estaleiro en Burela de ARMON

Coa proposta de coñecer as arquitecturas industriais de gran tamaño, a súa resolución construtiva e a súa interacción no territorio, a delegación en Lugo do COAG organiza unha xornada de convivencia para os/as seus/súas colexiados/as con visita ás instalacións da planta de aluminio en Cervo de ALCOA e ao estaleiro en Burela de ARMON o próximo día xoves 6 de xuño. read more…

Tradición e innovación dialogan sobre la regeneración de los centros urbanos en los proyectos ganadores del Festival TAC! para Vigo y San Fernando

Tradición e innovación dialogan sobre la regeneración de los centros urbanos en los proyectos ganadores del Festival TAC! para Vigo y San Fernando

TAC! Festival de Arquitectura Urbana—iniciativa impulsada por el Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana (MIVAU) con la colaboración de la Fundación Arquia y, en esta ocasión, con el apoyo del Concello de Vigo, el Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia y el Ayuntamiento de San Fernando— ha seleccionado los proyectos ganadores del concurso de ideas para la construcción de los dos pabellones temporales de su tercera edición: Bajo el título ¡Qué faena(r)!, los arquitectos Óscar Cruz García y Pablo Paradinas Sastre instalarán su pabellón en la ciudad de Vigo (Pontevedra), y La Sal, de José Rodríguez y Carlos Montes González, se alojará en la ciudad de San Fernando (Cádiz).  read more…

Informe sobre as axudas á vivenda

Informe sobre as axudas á vivenda

Actualizado 02 | 05 | 24 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.

Pinche aquí

Actualización de Utilidades COAG. Accesibilidade nos espazos públicos urbanizados

Actualización de Utilidades COAG. Accesibilidade nos espazos públicos urbanizados

Están dispoñibles, para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, as memorias para xustificar o cumprimento das condicións básicas de accesibilidade dos espazos públicos urbanizados, actualizadas á Orde TMA/851/2021, do 1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e uso dos espazos públicos urbanizados, coa súa correlación co establecido no Decreto 35/2000, de xaneiro 28, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e aplicación da lei 10/2014, de accesibilidade en Galicia, así como aquelas cuestións que afecten ao DB SUA do CTE. Descarga.

read more…

Publicación convocatoria de axudas fomento madeira para construción

Publicación convocatoria de axudas fomento madeira para construción

No DOG de 12 de abril vense de publicar a RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G). read more…