Este próximo xoves 16 de maio, ás 23:59h, péchase o prazo de matrícula dos cursos de Revit e Archicad nivel iniciación. Queremos, en primeiro lugar, agradecervos o interese manifestado na preinscrición publicada as pasadas semanas. A información obtida permitiunos axustar o máximo os importes de matrícula ao número de participantes esperado.
Como indicabamos na información publicada as pasadas semanas, unha das principais dificultades dos arquitectos á hora de formarse nestas materias é a incompatibilidade dos calendarios lectivos habituais nestes cursos co desenvolvemento da actividade profesional, xa que, ao tratarse de materias con unha marcada compoñente práctica, a dedicación requirida, se axustamos o tempo de duración do curso estritamente á duración do calendario de sesións programadas, pode resultar excesiva e, polo tanto, imposible de asumir polos profesionais.
Así, a principal característica diferencial destes cursos é que, para intentar minimizar esta dificultade, a metodoloxía empregada está pensada para aportar a maior flexibilidade posible ao alumno, que pode adaptar a duración e dedicación aos cursos ás súas necesidades e á súa dispoñibilidade. Así, aos dous meses de duración de base do período formativo, engádense outros catro durante os que, co apoio dos profesores, será posible continuar coa visualización dos contidos en diferido e desenvolver os exercicios prácticos.
Deste xeito, o desenvolvemento artículase en dous períodos, un período de formación e un período de seguemento:
- Período de formación, de 2 meses de duración, de exposición de temario, seminarios, vídeos, etc.
- Período de seguemento, de ata 4 meses de duración, ao longo do cal o alumnado poderá continuar co seguemento en diferido das sesións do período anterior e realización de prácticas, adaptando a duración desta fase ás súas necesidades. Durante os catro meses que dura o período de seguemento, contarase cun foro atendido polos profesores e sesións de titoría e corrección de prácticas semanais.
Estes cursos terán unha duración de 75 horas e desenvólvense integramente online durante un período máximo 6 meses.
Imasgal colabora co COAG para o desenvolvemento destes cursos, e proporcionará as licenzas oficiais dos software correspondentes durante a duración dos mesmos.
Prezos de matrícula
Os prezos de matrícula axustáronse ao máximo para o número de participantes esperado, a partir dos datos obtidos da preinscrición realizada a semana pasada.
Revit_ nivel iniciación:
- Matrícula ordinaria: 380 euros
- Arquitectos colexiados: 285 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 190 euros
- Estudantes de arquitectura: 190 euros
ArchiCAD_ nivel iniciación:
- Matrícula ordinaria: 480 euros
- Arquitectos colexiados: 360 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 240 euros
- Estudantes de arquitectura: 240 euros
Para os alumnos que desexen matricularse nos dous cursos, habilitouse un desconto adicional do 25% no curso de Archicad. Así, os importes correspondentes a cada un dos tipos de matrícula son os seguintes:
- Matrícula ordinaria: 740 euros
- Arquitectos colexiados: 555 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 370 euros
- Estudantes de arquitectura: 370 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Certificado de aproveitamento. No caso de Revit, ademais, certificación oficial de Autodesk.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Para expoñer en detalle tanto os contidos como a metodoloxía destes cursos, o luns 6 de maio, tivo lugar unha sesión en liña a cargo dos profesores, cuxa gravación está dispoñible na seguinte ligazón.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
- Prazo preferente de matrícula: (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 8/05/2024 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 8/05/2024 ata o xoves 16/05/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula (*)
Nos programas completos, que poden consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran os cursos e a súa temporización e modalidades de seguimento.
Revit_nivel iniciación: [+ matriculación e programa completo do curso]
ArchiCAD_ nivel iniciación: [+ matriculación e programa completo do curso]
Revit_nivel iniciación: + ArchiCAD_ nivel iniciación: [+ matriculación e programas completos dos cursos]
(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito a formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matriculación. Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2024, podedes solicitalo nunha nova consulta no seguinte enlace.
Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto destes cursos, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: a través do apartado de “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, no seguinte ENLACE
- Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.
Advertencia
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.