Coa proposta de coñecer as arquitecturas industriais de gran tamaño, a súa resolución construtiva e a súa interacción no territorio, a delegación en Lugo do COAG organiza unha xornada de convivencia para os/as seus/súas colexiados/as con visita ás instalacións da planta de aluminio en Cervo de ALCOA e ao estaleiro en Burela de ARMON o próximo día xoves 6 de xuño.
O programa é o seguinte:
08:30_Saída de Lugo desde a nosa delegación en microbús.
10:00_Visita guiada ás instalacións de Alcoa.
13:00_Visita guiada ás instalacións de Armon.
14:30_Comida conxunta no restaurante Amares do porto de Burela
16:30_ Volta a Lugo en microbús.
O prezo previsto total é de 30 €/p.
Para organizarnos mellor solicitamos inscrición previa nesta LIGAZÓN, onde atoparedes a plataforma de pago e entre os vosos datos debedes de indicar se acudiredes con acompañante (non necesariamente colexiado) e a talla (S, M, L, XL) e calzado (41, 39…) dos asistentes para a previsión de EPIS que se fornecerán para a visita de Alcoa.
O prazo para inscrición termina o 29 de maio ás 23:59h.