Xornada “A construción do local”

10 maio 2024

Con motivo da itinerancia da exposición da #XVIBEAU no Mercado de Santo Agostiño na Coruña, o vindeiro xoves 16 de maio, ás 18:30 horas, terá lugar, na Delegación de A Coruña do COAG, a XORNADA “A construción do local”, que inclúe unha conferencia impartida por H arquitectes, premiados na categoría de “Obras”, e unha posterior mesa redonda ―moderada polo profesor Alberte Pérez― sobre o papel da arquitectura na conservación dunha cultura propia.

Participación de varios arquitectos/as invitados:

  • Fuertes Penedo Arquitectos. Premiados na categoría de “Obras”. Rehabilitación do Asteleiro Tradicional Ciprián.
  • Creus y Carrasco + RVR. Premiados na categoría de “Obras”. Acondicionamento do bordo portuario de Porto do Son.
  • Nuria Prieto. Premiada na categoría de “Investigación e Difusión”. Artigos sobre arquitectura en prensa local.
  • Ruth Varela. Finalista na categoría de “Investigación e Difusión”. Documental Os Segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.

Máis información en: https://labienal.es/actividad/jornada-horizontes-de-la-arquitectura-espanola-a-me-dio-pla-zo-la-construccion-de-lo-local/

DATA:
Xoves 16 de maio de 2024 – 18:30 horas

LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

PROMOVEN:
Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, Dirección Xeral de Vivenda e Axenda Urbana do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, MIVAU, CSCAE, Fundación ARQUIA

ORGANIZAN:
XVI BEAU, Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e Delegación da Coruña do COAG

COLABORA:
Asociación cultural Flor de Santiago

Compartir