Agrupación de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas de Galicia
QUE É?
A AGAU é a Agrupación de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas de Galicia, vinculada ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Actualmente é unha agrupación en proceso de xestación e definición. Creouse en decembro de 2023 por iniciativa dun grupo de colexiadas con interese no Urbanismo, a Ordenación do Territorio e a Paisaxe do noso territorio. Polo momento unicamente se deron os pasos mínimos imprescindibles para poder convocar un proceso electoral que dea lugar á primeira Xunta Directiva electa.
Proceso de formación
Documentación asociada
Acordo de creación da comisión xestora da “Agrupación de arquitectos urbanistas” Circular 22/2023
Convocatoria e acordo da Xunta Xeral extraordinaria celebrada o 19/12/2023 sobre a aprobación do regulamento da “Agrupación galega de arquitectos e arquitectas urbanistas” Circular 27/2023 e Circular 29/2023
Convocatoria das eleccións da Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas Urbanistas do COAG a celebrar o 17 de outubro de 2024 Circular 11/2024
Resultado das eleccións á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG Circular 15/2024
Circular 2 2024 AGAU Asemblea de Agrupación de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas (AGAU): acordos e difusión de datos de participantes. Circular 2 2024 AGAU.
Documentación da Asamblea celebrada o xoves 28 de novembro en Santiago de Compostela. ENLACE.
Gravación da Asamblea celebrada o xoves 28 de novembro. ENLACE.
Xunta Directiva da Agrupación
- Presidente: D. Alfonso Díaz Revilla.
- Secretario: D. Manuel Borobio Sanchiz.
- Tesoureira: Dona María Fandiño Iglesias.
- Vogal: Dona Cristina García Fontán.
- Representante da Xunta de Goberno: Dona Natalia Alvaredo López.
Regulamento da AGAU
O Regulamento da AGAU-COAG establece o marco organizativo e operativo para a agrupación, que se vincula ao COAG conforme ao artigo 51 dos estatutos. Diríxese a promover o prestixio, a solidariedade, a comunicación, e a defensa dos intereses profesionais dos seus integrantes no ámbito do urbanismo, a ordenación do territorio e a xestión da paisaxe, fomentando a súa participación activa nestes campos.
Consulta aquí o Regulamento da AGAU
Aspectos clave do Regulamento:
- Natureza e Funcións: A AGAU-COAG velará polo prestixio da actividade profesional nos seus eidos de actuación, defenderá os intereses dos seus membros, promoverá a participación nos asuntos relativos ao territorio, e coordinarase con outras agrupacións para a defensa de intereses comúns.
- Membros: Poderán ser persoas integrantes todas as colexiadas e colexiados do COAG que o soliciten e cumpran cos requisitos. Contémplase a figura de “Afín” para arquitectos ou arquitectas doutros colexios ou disciplinas relacionadas co urbanismo que desexen unirse.
- Órganos de Goberno: A AGAU-COAG réxese por unha Asemblea Xeral e unha Xunta Directiva. A Asemblea Xeral é o máximo órgano de decisión, mentres que a Xunta Directiva encárgase da xestión diaria e a execución das decisións tomadas pola Asemblea.
- Economía: A agrupación debe ser autosuficiente economicamente, podendo recibir achegas do COAG dentro de certos límites, así como cotizacións das persoas agrupadas e posibles subvencións ou donativos.
- Procedementos Electorais e de Xestión: Establécense procedementos para a elección da Xunta Directiva, a xestión económica integrada nos orzamentos do COAG, e o réxime de acordos que permite recurso ante a Xunta de Goberno do COAG.
POR QUE?
O papel das arquitectas e os arquitectos na planificación do territorio cada vez se atopa máis devaluado e a actividade profesional vinculada ao urbanismo, a ordenación do territorio e o paisaxismo adoece de falta de visibilidade e problemas de precariedade no seu desenvolvemento.
Pensamos que debemos reivindicar como colectivo a nosa disciplina, que é unha ferramenta fundamental para a posta en valor do noso territorio, aportando unha mirada rigorosa, e aspirando a transitar cara unha sociedade máis xusta.
AGRÚPATE
A agrupación preséntase como unha plataforma esencial para aquelas arquitectas e arquitectos urbanistas que buscan non só ampliar os seus coñecementos e habilidades, senón tamén contribuír ao desenvolvemento sostible, integrado e responsable do territorio galego.
É un chamado a todas as persoas profesionais do ámbito, a unirse e participar activamente nesta comunidade, para afrontar os desafíos do urbanismo, a ordenación do territorio e a paisaxe con solidez, innovación e compromiso ético.
A AGAU-COAG ofréceche a oportunidade de ser parte dun colectivo que valora o teu desenvolvemento profesional e as túas contribucións ao campo do urbanismo, animándote a participar nun espazo onde a túa voz e o teu traballo terán un impacto real e positivo na nosa comunidade profesional e, polo tanto, na sociedade.
Se desexas inscribirte na agrupación podes facelo cando realices a configuración da colexiación. Se desexas facelo pasado o prazo de configuración, podes solicitalo mediante unha consulta.
CONTACTO
Se queres transmitir calquera dúbida ou suxestión á AGAU, podes facelo no correo electrónico: