Prazo de achegas ao borrador do Regulamento da Agrupación de Arquitect@s nas Administracións Públicas

16 maio 2024

Tal e como se indica na Circular 8 2024, e conforme ao previsto na circular 24/2023, a Comisión Xestora da “Agrupación de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas” aprobou por maioria un proxecto de Regulamento de dita Agrupación, coa denominación de “Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas” (AGAAP), que será sometido á Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional e posteriormente elevado á Xunta Xeral para a aprobación definitiva. Neste sentido, ábrese un prazo de achegas para que as persoas colexiadas interesadas fagan as suxestións que consideren oportunas ao respecto do texto do Regulamento.

As achegas deberanse realizar á maior brevidade posible e, en todo caso antes das 13 horas do vindeiro martes 21 de maio.

Máis información.

 

Compartir