O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago, organizan o ciclo de conferencias denominado “Territorios Análogos”. Este ciclo, que conta con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fóra de Galicia, e que en poderían gardar certa analoxía coa nosa realidade territorial.
A cuarta conferencia terá lugar o vindeiro mércores 22 de maio, ás 19:30 horas, a cargo de Andrés Martínez de la Riva, titulada Límites e oportunidades do urbanismo participativo. Andrés explicará na súa conferencia o marco da participación no urbanismo en Catalunya e na cidade de Barcelona, e, a través da explicación de diversos proxectos desenvoltos na súa práctica profesional, invitará a reflexionar sobre as oportunidades e as limitacións dos procesos participativos na planificación urbana e territorial
PONENTE
Andrés Martínez de la Riva é arquitecto pola Universidade Politécnica de Catalunya (2009) e conta cun máster en Xestión e valoración urbana (2012) pola mesma universidade.
É socio fundador da cooperativa Raons especializada na incorporación da participación cidadá na elaboración de políticas públicas, e coordinador da área de urbanismo participativo da entidade. O seu traballo céntrase na implementación de procesos participativos en planificación urbanística e en transformacións urbanas, así como na redacción de plans estratéxicos urbanos integrais.
Como integrante da cooperativa coordinou decenas de proxectos para diversas administracións públicas catalás colaborando con diversos equipos de urbanismo e arquitectura.
INSCRICIÓN
Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.
A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.
ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN
DATA:
Mércores 22 de maio de 2024
HORARIO:
19:30 a 21:00 horas
LUGAR:
Salón de actos do Museo das Peregrinacións e de Santiago
Praza das Praterías, 2. Santiago de Compostela