Guía sobre desgravacións fiscais para rehabilitación de vivendas e edificios residenciais. CSCAE

4 Abr 2024

Actualización abril 2024 | A presente actualización publícase para incorporar algunhas propostas do IDAE e mellorar o exemplo na páxina 11 e o cadro da páxina 12.

Nesta guía os profesionais da arquitectura atoparán información actualizada sobre a tributación e bonificacións existentes para actuacións de rehabilitación e as súas axudas  económicas, ademais de numerosos exemplos que permitirán comprender a súa aplicación de forma práctica.

O obxectivo dos redactores desta guía é ofrecer unha información completa e didáctica sobre a tributación e as súas bonificacións en actuacións e axudas á rehabilitación para facilitar aos e as profesionais da arquitectura unha ferramenta máis para impulsar a Onda de Rehabilitación.

Para descargar a guía pique AQUÍ

 

Compartir