Delegación de Ourense – Reunión Técnicos Municipais

15 maio 2024

O próximo martes 21 de maio as 19:00 h na delegación do COAG en Ourense terá lugar unha reunión informal sobre aqueles temas que máis preocupan os arquitectos o servicio da administración local.

Con esta reunión a delegación do COAG de Ourense pretende recuperar un espazo de encontro e debate sobre aqueles temas de actualidade de interese para a profesión, unha charla distendida entre compañeiros co obxectivo de compartir experiencias, unificar criterios e comentar todas aquelas cuestións que afecten a práctica diaria do urbanismo municipal na nosa provincia.

Animamos a tódolos aqueles colexiados da nosa delegación que estean exercendo o seu traballo o servizo da administración local a asistir e participar neste encontro informal.

Compartir