O COAG presenta un recurso contencioso administrativo contra a resolución 1198/2025 (REC. 899/2025), DE 03/09/2025 do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, pola que se inadmite a trámite o recurso especial en materia de contratación interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), contra os pregos relativos á “contratación do servizo de elaboración do Máster Plan, anexos e documentos derivados do proxecto Coruña Marítima”, EXPEDIENTE 2025/I/056_P-1500.01.A.05, convocado pola Presidencia da Autoridade Portuaria da Coruña.

O motivo do recurso contencioso administrativo é que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales inadmitiu a trámite o recurso do COAG argumentando que o Colexio carece de lexitimación para presentar dito recurso contra as bases do concurso.
Conferencia “O secuestro da vivenda”

Conferencia “O secuestro da vivenda”

O mércores 15 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: O SECUESTRO DA VIVENDA. Por que é tan difícil ter casa e como isto pode romper a sociedade, impartida polo investigador de...
Festival atmósferas

Festival atmósferas

A arquitectura efémera é unha tipoloxía que adoita asociarse aos eventos puntuais, pero tamén é un elemento capaz de crear atmosferas e experimentar co espazo para producir novas formas de comprendelo. O festival atmosferas é un festival de arquitectura efémera que se...