Xornada informativa do PXOM de Vigo

20 Nov 2025

O martes 2 de decembro de 2025 realizarase unha xornada informativa relativa ao PXOM de Vigo, que será impartida por María Luisa Sobrino, Xefa da área Técnica da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

Durante esta sesión realizarase unha exposición técnica do documento que entrou en vigor o 27.08.2025 e detallaranse os criterios de aplicación do plan. O obxectivo é mellorar a coordinación entre os profesionais no exercicio libre e o persoal municipal que xestiona as licenzas, facilitando a comprensión e aplicación práctica do contido por parte de todos os profesionais implicados.

Animámosvos a enviar as vosas dúbidas de interese xeral sobre este documento á seguinte LIGAZÓN.

Detalles da Xornada:
Día: martes 02.12.2025
Hora: 12:00 h.
Lugar: Sala de usos múltiples da Delegación de Vigo do COAG. Dr. Cadaval nº 5 Vigo. [+ver mapa]

Inscrición:
AFORO COMPLETO.  Alcanzamos o aforo máximo. Aínda que non podemos inscribirche nesta sesión, podemos tomar nota da túa pregunta e tras o evento tentaremos facer un resumo, de temas de interese xeral, na seguinte LIGAZÓN.

Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.

Saúdos
Xunta Directiva de COAG Vigo

Compartir