Viaxe a Finlandia xuño 2026 – Últimas tres prazas

26 Nov 2025

Comprácenos informarvos de que, desde a Delegación de Pontevedra, estamos a organizar unha viaxe a Finlandia en colaboración con Artchitectours, co obxectivo de coñecer de primeira man a obra de Alvar, Aino e Elissa Aalto.

A viaxe consistirá nun percorrido circular de 9 días, do 5 ao 13 de xuño de 2026, que visitará diversas cidades de Finlandia e permitirá coñecer algunhas das obras máis representativas destes referentes da arquitectura moderna.

Para poder levar a cabo esta actividade é necesario un mínimo de 40 participantes. Por este motivo, ábrese un período de preinscrición do 26 de novembro ao 12 de decembro ou cando se cubran as prazas, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en realizar a viaxe. Últimas tres prazas.

A preinscrición formalizarase mediante a cubrición do seguinte [FORMULARIO].

O programa e toda a información detallada da viaxe poden consultarse no seguinte [documento].

Agradecemos de antemán o voso interese e agardamos contar coa vosa participación nesta iniciativa tan especial.

Compartir