Categoría
Atención presencial na delegación de Pontevedra na semana do 5 ao 9 de agosto
Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da delegación de Pontevedra na semana do 5 ao 9 de agosto, só terán atención presencial o martes 6 de agosto e o xoves 8 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Concello de Leiro-convocatoria 1 praza de arquitecto/a
O BOE de 27 de xullo, nº 181, publica a resolución do Concello de Leiro referente á convocatoria, entre outras, dw 1 praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, mediante o sistema de concurso, en quenda libre/estabilización.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
As bases que rexirán a convocatoria son as publicadas «Boletín Oficial da Provincia de Ourense» número 298, de 30 de decembre de 2022.
Melloras no COAG-Estudio para a tramitación de substitucións, cesamentos e renuncias
Aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión 19/2024 de 11 de xullo, xa está operativa a mellora do COAG-Estudio que atinxe ás substitucións, cesamentos e renuncias por cesamento de actividade ou baixa colexial.
Convocatoria e bases dos Premios “Próximos 2024”
Inspirados nos Premios GRAN DE AREA que, con éxito, convocan as Delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do COAG, a Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca os Premios de Arquitectura “PRÓXIMOS 2024”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais DOUTROS AXENTES participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.
Co nome do premio: “Próximos” quérese facer referencia ao espíritu do ciclo de conferencias que, ao longo dos últimos anos, ven organizando a Delegación de Santiago co obxectivo de dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos a nosa delegación ben polo emprazamento das obras, dos estudos profesionais ou polo contexto que os envolve.
Nun paso máis nesta aposta por achegar a arquitectura de proximidade á cidadanía, créanse estes premios cos que recoñecer o traballo ben feito non só polos arquitectos senón pola imprescindible implicación de promotores e outros axentes.
Poderán optar aos premios: proxectos redactados ou obras finalizadas con emprazamento no ámbito da nosa delegación que corresponde aos seguintes Concellos: Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brion, Carnota, Dodro, Frades, Lousame, Melide, Muros, Negreira, Noia, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Pobra do Caramiñal, Porto do son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago, Santiso, Teo, Toques, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.
Poden presentar as propostas os colexiados/as no COAG ou en calquera outro Colexio de Arquitectos de España.
As bases pódense consultar no seguinte ENLACE.
O prazo de presentación rematará ás 14:00 horas do 26 de setembro de 2024. As propostas deberán ser achegadas na web do COAG, a través da plataforma online de xestión de Premios, dispoñible no seguiente enlace:
Oferta de emprego.
FERNANDEZ CARBALLADA ARQUITECTURA E URBANISMO
Oficina sita na Coruña oferta emprego para Arquitecto titulado con especialidade en Urbanismo ou con interese en desenvolver traballos nesta especialidade, para elaborar documentos urbanísticos e de ordenación do territorio de toda índole no territorio español.
Requisitos: Valórase especialmente coñecementos en ferramentas GIS e con boa expresión escrita, ademais do manexo das lexislacións urbanísticas e realizar nalgún momento labores relacionadas co plan urbanístico e o paisaxismo.
Tipo de contrato: Asalariado (ordinario) – indefinido.
Salario: A convir, segundo convenio
Interesados: Enviar CV (requirido) e carta de motivación (opcional) a laura.fernandez@
Atención presencial na delegación de Ferrol do 29 de xullo ao 23 de agosto (ambos inclusive)
Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da Delegación de Ferrol entre o 29 de xullo e o 23 de agosto, ambos días inclusive, só terán atención presencial os seguintes días:
- Martes 30 de xullo
- Mércores 7 agosto
- Mércores 14 de agosto
- Mércores 21 de agosto.
Lamentamos as molestias que esta circunstancia poidan causar.
Fichas de inspección técnica de edificios de vivendas
Actualizadas 23 | 07 | 2024 O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia elaborou as presentes fichas co fin de proporcionar aos seus colexiados un protocolo de inspección visual que facilite a toma de datos in situ para a redacción do Informe de Avaliación de Edificios -IEE-, en función do esixido na súa normativa básica, e do Libro do Edificio Existente -LEE-, segundo os programas de axuda ás actuacións de rehabilitación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Fichas de inspección IEE aquí
Fichas de inspección LEE aquí
Concello de Pontecesures _ Convocatoria para a estabilización do emprego temporal incluída na oferta de emprego público extraordinaria de 2022
No BOPPO núm. 248, do 29 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e as bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Pontecesures, incluídas na oferta de emprego público extraordinario de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOPPO núm. 97, do 23 de maio de 2022.
Convocase o proceso selectivo para unha praza de arquitecto.
Enlace o DOG Núm 139, xoves, 18 de xullo de 2024
Concello de Leiro _ Convocatoria do proceso selectivo e das bases reguladoras para a estabilización do persoal temporal
No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 298, do 30 de decembro de 2022, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras dos procesos selectivos convocados polo Concello de Leiro, derivados da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Convocase o proceso selectivo para unha praza de arquitecto.
Enlace o DOG Núm 139, xoves, 18 de xullo de 2024
Trámite de consulta pública sobre a nova ordenanza de regulación das actuacións de rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética do Concello da Coruña
O 17 de xullo, o Concello da Coruña abriu o trámite de consulta pública, dispoñible durante 15 días (até o 7 de agosto), para que as persoas e entidades puidesen achegar as súas ideas, notificando á Delegación da Coruña do COAG a apertura deste proceso consultivo, polo interese da mesma para os colexiados/as.
O obxectivo desta ordenanza é «regular os criterios de intervención nos edificios cos sistemas de illamento segundo as características e localización na contorna urbana; compatibilizando a necesaria mellora das edificacións coa conservación da imaxe da cidade, a percepción das nosas rúas e conxuntos urbanos, así como do patrimonio edificado»; independentemente de que este patrimonio estea catalogado ou non.
A intención manifestada pola Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda é facer máis sostible e eficiente a cidade, pero tamén cunha imaxe identificable e unha calidade arquitectónica axeitada.
Segundo isto, proponse acadar os seguintes obxectivos:
-
Clasificar os edificios en categorías segundo as súas características: catalogados ou que conten con algún tipo de protección, ou que conformen conxuntos e non catalogados.
-
Regular as condicións de intervención nos edificios catalogados ou que conten con algún tipo de protección, que conformen conxuntos e non catalogados
-
Regular a intervención nos edificios singulares integrados na norma zonal 1 do PXOM.
-
Determinar o contido documental que debe achegarse coa súas solicitudes de licenza ou coa presentación das comunicacións previas de obras.
-
Axilizar a tramitación dos procedementos.
Máis información sobre o procedemento:
Enlace para enviar as aportacións ao concello:
Enlace á circular do COAG:
https://www.coag.es/circulares/2024/julio/delegaciones/coruna/coruna03-2024.pdf
Atención presencial na delegación de Pontevedra na semana do 5 ao 9 de agosto
Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da delegación de Pontevedra na semana do 5 ao 9 de agosto, só terán atención presencial o martes 6 de agosto e o xoves 8 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Concello de Leiro-convocatoria 1 praza de arquitecto/a
O BOE de 27 de xullo, nº 181, publica a resolución do Concello de Leiro referente á convocatoria, entre outras, dw 1 praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, mediante o sistema de concurso, en quenda...
Melloras no COAG-Estudio para a tramitación de substitucións, cesamentos e renuncias
Aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión 19/2024 de 11 de xullo, xa está operativa a mellora do COAG-Estudio que atinxe ás substitucións, cesamentos e renuncias por cesamento de actividade ou baixa colexial. A mellora automatiza e simplifica os procedementos, ao...
Convocatoria e bases dos Premios “Próximos 2024”
Inspirados nos Premios GRAN DE AREA que, con éxito, convocan as Delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do COAG, a Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca os Premios de Arquitectura “PRÓXIMOS 2024”, que supoñen un...
Oferta de emprego.
FERNANDEZ CARBALLADA ARQUITECTURA E URBANISMO Oficina sita na Coruña oferta emprego para Arquitecto titulado con especialidade en Urbanismo ou con interese en desenvolver traballos nesta especialidade, para elaborar documentos urbanísticos e de ordenación do...
Atención presencial na delegación de Ferrol do 29 de xullo ao 23 de agosto (ambos inclusive)
Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da Delegación de Ferrol entre o 29 de xullo e o 23 de agosto, ambos días inclusive, só terán atención presencial os seguintes días: Martes 30 de xullo Mércores 7 agosto Mércores 14 de agosto Mércores 21...
Fichas de inspección técnica de edificios de vivendas
Actualizadas 23 | 07 | 2024 O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia elaborou as presentes fichas co fin de proporcionar aos seus colexiados un protocolo de inspección visual que facilite a toma de datos in situ para a redacción do Informe de Avaliación de...
Concello de Pontecesures _ Convocatoria para a estabilización do emprego temporal incluída na oferta de emprego público extraordinaria de 2022
No BOPPO núm. 248, do 29 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e as bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Pontecesures, incluídas na...
Concello de Leiro _ Convocatoria do proceso selectivo e das bases reguladoras para a estabilización do persoal temporal
No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 298, do 30 de decembro de 2022, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras dos procesos selectivos convocados polo Concello de Leiro, derivados da oferta de emprego público extraordinaria para a...
Trámite de consulta pública sobre a nova ordenanza de regulación das actuacións de rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética do Concello da Coruña
O 17 de xullo, o Concello da Coruña abriu o trámite de consulta pública, dispoñible durante 15 días (até o 7 de agosto), para que as persoas e entidades puidesen achegar as súas ideas, notificando á Delegación da Coruña do COAG a apertura deste proceso consultivo,...