Melloras no COAG-Estudio para a tramitación de substitucións, cesamentos e renuncias

29 Xul 2024

Aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión 19/2024 de 11 de xullo, xa está operativa a mellora do COAG-Estudio que atinxe ás substitucións, cesamentos e renuncias por cesamento de actividade ou baixa colexial.

A mellora automatiza e simplifica os procedementos, ao tempo que informa aos colexiados das súas obrigas estatutarias e deontolóxicas e lles facilita o seu cumprimento.

  • Substitucións: engádense as declaracións e carpetas documentais necesarias ao crear a encomenda dun novo expediente.
  • Cesamentos: tramítanse no COAG-Estudio como calquera outro traballo coa súa propia estrutura documental. Lémbrase que o cesamento debe tramitarse unicamente no caso de rescisión de contrato, pois a modificación de arquitectos e funcións nun expediente comunícase modificando a súa encomenda e incluíndo a documentación aclaratoria oportuna.
  • Renuncias por cesamento de actividade ou baixa colexial: renóvase o procedemento de tramitación masiva destes cesamentos, dándolle acceso desde o propio COAG-Estudio, optimizando a busca de expedientes de obra abertos e simplificando o seu manexo.

O fluxo da aplicación, as súas mensaxes e axudas, permiten un uso intuitivo sen necesidade de manual de instrucións.

……….

La mejora automatiza y simplifica los procedimientos al tiempo que informa a los colegiados de sus obligaciones estatutarias y deontológicas y les facilita su cumplimiento.

  • Sustituciones: se añaden las declaraciones y carpetas documentales necesarias al crear la encomienda de un nuevo expediente.
  • Ceses: se tramitan en el COAG-Estudio como cualquier otro trabajo con su propia estructura documental. Se recuerda que el cese debe tramitarse unicamente en el caso de rescisión de contrato, pues la modificación de arquitectos y funciones en un expediente se comunica modificando su encomienda e incluyendo la documentación aclaratoria oportuna.
  • Renuncias por cese de actividad o baja colegial: se renueva el procedimiento de tramitación masiva de estos ceses, dándole acceso desde el propio COAG-Estudio, optimizando la búsqueda de expedientes de obra abiertos y simplificando su manejo.

El flujo de la aplicación, sus mensajes y ayudas, permiten un uso intuitivo sin necesidad de manual de instrucciones.

 

Compartir