Trámite de consulta pública sobre a nova ordenanza de regulación das actuacións de rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética do Concello da Coruña

22 Xul 2024

O 17 de xullo, o Concello da Coruña abriu o trámite de consulta pública, dispoñible durante 15 días (até o 7 de agosto), para que as persoas e entidades puidesen achegar as súas ideas, notificando á Delegación da Coruña do COAG a apertura deste proceso consultivo, polo interese da mesma para os colexiados/as.

O obxectivo desta ordenanza é «regular os criterios de intervención nos edificios cos sistemas de illamento segundo as características e localización na contorna urbana; compatibilizando a necesaria mellora das edificacións coa conservación da imaxe da cidade, a percepción das nosas rúas e conxuntos urbanos, así como do patrimonio edificado»; independentemente de que este patrimonio estea catalogado ou non.

A intención manifestada pola Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda é facer máis sostible e eficiente a cidade, pero tamén cunha imaxe identificable e unha calidade arquitectónica axeitada.

Segundo isto, proponse acadar os seguintes obxectivos:

  • Clasificar os edificios en categorías segundo as súas características: catalogados ou que conten con algún tipo de protección, ou que conformen conxuntos e non catalogados.

  • Regular as condicións de intervención nos edificios catalogados ou que conten con algún tipo de protección, que conformen conxuntos e non catalogados

  • Regular a intervención nos edificios singulares integrados na norma zonal 1 do PXOM.

  • Determinar o contido documental que debe achegarse coa súas solicitudes de licenza ou coa presentación das comunicacións previas de obras.

  • Axilizar a tramitación dos procedementos.

Máis información sobre o procedemento:

rehabilitacion/suceso/1453871826276″>https://www.coruna.gal/urbanismo/es/detalle-suceso/consulta-publica-previa-sobre-o-proxecto-da-ordenanza-reguladora-das-actuacions-de-rehabilitacion/suceso/1453871826276

Enlace para enviar as aportacións ao concello:

https://www.coruna.gal/urbanismo/gl/comunicate/consulta-publica-sobre-a-ordenanza-de-rehabilitacion-para-mellora-enerxetica-de-edificios

Enlace á circular do COAG:

https://www.coag.es/circulares/2024/julio/delegaciones/coruna/coruna03-2024.pdf

Compartir