Convocatoria e bases dos Premios “Próximos 2024”

24 Xul 2024

Inspirados nos Premios GRAN DE AREA que, con éxito, convocan as Delegacións de Vigo, Ourense e Pontevedra do COAG, a Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca os Premios de Arquitectura “PRÓXIMOS 2024”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS e PROMOTORES, ademais DOUTROS AXENTES participantes no proceso edificatorio, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

Co nome do premio: “Próximos” quérese facer referencia ao espíritu do ciclo de conferencias que, ao longo dos últimos anos, ven organizando a Delegación de Santiago co obxectivo de dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos a nosa delegación ben polo emprazamento das obras, dos estudos profesionais ou polo contexto que os envolve.

Nun paso máis nesta aposta por achegar a arquitectura de proximidade á cidadanía, créanse estes premios cos que recoñecer o traballo ben feito non só polos arquitectos senón pola imprescindible implicación de promotores e outros axentes.

Poderán optar aos premios: proxectos redactados ou obras finalizadas con emprazamento no ámbito da nosa delegación que corresponde aos seguintes Concellos: Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brion, Carnota, Dodro, Frades, Lousame, Melide, Muros, Negreira, Noia, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Pobra do Caramiñal, Porto do son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago, Santiso, Teo, Toques, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

Poden presentar as propostas os colexiados/as no COAG ou en calquera outro Colexio de Arquitectos de España.

As bases pódense consultar no seguinte ENLACE.

O prazo de presentación rematará ás 14:00 horas do 26 de setembro de 2024. As propostas deberán ser achegadas na web do COAG, a través da plataforma online de xestión de Premios, dispoñible no seguiente enlace:

https://www.coag.es/premios/ediciones

Compartir