Categoría
Ayuntamiento de Gijón – Programa primera experiencia profesional 2024-45
Publicadas las Bases generales para la selección del personal beneficiario del programa primera experiencia profesional 2024-25. Convocatoria 2024 del servicio público de empleo del programa de contratos formativos para la adquisición de la práctica profesional adecuada al nivel de estudios.
Sede electrónica Ayuntamiento de Gijón. Políticas activas de empleo
Concello de Cangas – Solicitude de ofertas contrato menor
Desde a Central de Compras do Concello de Cangas enviannos solicitude de oferta para o contrato menor CM24/89 Servizo de redacción de certificación enerxética e deseño dun plan de xestión da enerxía de varios inmobles do Concello. (Propostas de contrato menor 2024-0052 [memoria xustificativa])
Consultado o Concello, indicou que pode participar calquera persoa física ou xurídica estea ou non rexistrada no seu rexistro. A inscrición nesta base o único que implica é un dereito dos rexistrados a ser informado de que se está tramitando un contrato menor do grupo ao que están subscritos.
A memoria xustificativa do contrato poderana atopar publicada tamén no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do Concello.
Establécese un prazo para presentar ofertas de 3 días hábiles (24/10/2024– 28/10/2024). A oferta económica deberá enviarse ao correo electrónico contratos@cangas.gal dentro do prazo establecido.
1. Obxecto do contrato: Contratación dun servizo de auditoria enerxética, elaboración de certificacións de eficiencia enerxética e proposta e mellora nos seguintes edificios municipais:
- Pavillón do Gatañal
- Casa da Xuventude
- Casa da Bola
- Edificio principal do Concello
A execución deste contrato conleva a realización das seguintes actuacións por parte da empresa adxudicataria nos edificios relacionados anteriormente:
FASE 1. Auditoría enerxética
Análise da situación actual dos edificios e das súas instalacións desde o punto de vista de eficiencia enerxética. Trátase dun diagnóstico do seu comportamento enerxético.
FASE 2. Proposta de mellora
A proposta de mellora contendrá medidas correctoras viables, desde o punto de vista técnico e económico, que permitan alcanzar unha maior eficiencia enerxética. Para os edificios da Casa da Xuventude e Casa da Bola terase en conta que está afectados por polas Normas Subsidiarias do Planeamento do Concello para o Casco Vello.
FASE 3. Preparación e tratamento de toda a información de calificación enerxética
Esta fase comprenderá a confección de toda a documentación técnica precisa para a obtención da calificación enerxética e a identificación das melloras enerxéticas requiridas. Deberase presentar a documentación por rexistro de entrada no Concello para a súa supervisión antes de pasar ao rexistro na administración competente.
FASE 4. Tramitación e rexistro dos certificados de eficiencia enerxética
Esta fase comprenderá a tramitación da obtención da etiqueta de eficiencia enerxética e o rexistro público dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios.
2. División en lotes: Non
3. Prazo de execución: a execución de todas as fases deberá realizarse antes do 31 de decembro de 2024.
4. Aptitude para contratar: Están capacitados para contratar con esta Administración as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estén incursas en algunha prohibición de contratar das enumeradas no artigo 71 da LCSP. As persoas xurídicas só poderán ser adxudicatarias de contratos cuxas prestacións estean comprendidas dentro dos fins, obxecto ou ámbito de actividade que, a ter dos seus estatutos ou regras fundacionais, sexanlles propios.
Así mesmo, os contratistas deberán contar, así mesmo coa habilitación empresarial ou profesional que, no seu caso, sexa esixible para a realización das prestacións obxecto deste contrato. As comunidades de bens carecen de personalidade xurídica e, por tanto, de aptitude para contratar coa Administración.
5. Procedemento: Tramitación ordinaria pola Central de Compras
De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local do día 9 de marzo de 2020 polo que se aproban as bases que han de rexer a adxudicación dos contratos menores, se remitirá solicitude de oferta a todos os licitadores que se atopen inscritos na Base de Licitadores do Concello de Cangas no tipo de contrato e categoría correspondente. Finalizado o prazo de presentación de ofertas, a Comisión de Valoración de contratos menores será a encargada de estudiar, avaliar e clasificar as ofertas e fará unha proposta de adxudicación a favor da oferta máis vantaxosa de acordo co criterio de adxudicación establecido nesta memoria xustificativa.
Criterio de adxudicación: Menor prezo
6. Presentación de ofertas:
Prazo: Establécese un prazo para presentar ofertas de 3 días hábiles. (24/10/2024 – 28/10/2024)
Forma e lugar: As ofertas presentaranse única e exclusivamente por vía telemática ao correo electrónico contratos@cangas.gal debendo indicar no apartado ASUNTO: “6740/2024”
Aclaracións: Para resolver calquera aclaración poden enviar a súa consulta ao mesmo correo electrónico contratos@cangas.gal, indicando no ASUNTO: ACLARACIÓN.
MÁIS INFORMACIÓN: https://cangas.sedelectronica.gal/board/975040b6-f59b-11de-b600-00237da12c6a/.
Información planeamento Concello de Lugo
Pola presente damos traslado dun dos temas tratados na reunión mantida cos servizos técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Lugo o pasado día 14 de outubro. Este informe pretende informar do contido ao que se refire o artigo 21 do PXOM de Lugo. read more…
Encontro de seguimento do Programa “Mentoring para arquitectxs”
Este vindeíro martes 29 de outubro, na sede da Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, realizaremos un encontro aberto de seguimento do Programa “Mentoring para arquitectxs”. read more…
Oferta de emprego
Estudio de arquitectura DOSESMAS ARQUITECTOS, con sede en Santiago seleciona arquitecto/a. read more…
Curso “O ditame pericial do arquitecto”
A Agrupación de Peritos e Forenses do COAG organiza o día 18 de novembro en Santiago de Compostela este curso básico que ten como obxectivos que os alumnos adquiran o coñecemento básico xeneral das funcións, metodoloxía, procedementos e criterios técnicos de inspección e elaboración do ditame pericial, así como do procedemento xudicial, obrigas e responsabilidades derivadas. Os contidos do curso articúlanse desde unha dobre perspectiva xurídico-técnica, para ofrecer unha visión integral do proceso e de todos os aspectos que interveñen no desenvolvemento profesional deste tipo de traballos.
Programa
A cota de inscrición á xornada completa, mañá e tarde, inclúe a comida de traballo do mediodía. Tamén se servirá café en ambas as pausas.
Horario
| Data | Mañán | Tarde |
|---|---|---|
| 18/11/2024 | 09:00 – 14:30 | 16:30 – 20:00 |
Lugar de celebración
Hotel Monumento San Francisco.
Campillo de San Francisco, 3. 15705 Santiago de Compostela [+ver mapa]
Matrícula
Según o tipo de asistente e a suscrición ao servizo:
| Membros agrupación AAPF | 30,00 € (1) | 60,00 € |
| Colexiados COAG | 60,00 € (1) | 90,00 € |
| Colexiados doutros COAs | 120,00 € |
(1) Importe con suscrición ao Servizo de Formación.
Concello de Valga – Unha praza de arquitecto/a
No BOP-Pontevedra de 22 de outubro aparece publicada a Convocatoria bases xerais e específicas reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Valga para cubrir unha praza de arquitecto/a. read more…
Trámite de Consulta Pública Previa sobre o proxecto de Ordenanza reguladora do procedemento para a implantación da actividade de vivenda de uso turístico.
Informámoste de que até o día 24 de outubro está aberto o trámite de consulta pública para que as persoas e entidades poidan achegar as súas aportacións ao Concello da Coruña sobre o regulamento dos establecementos turísticos nomeados como Vivendas de Uso Turístico (VUT). read more…
Concurso centro social multiusos en Carballeda de Avia – FALLO
Concurso para rehabilitación dunha edificación en ruínas para centro social multiusos no concello de Carballeda de Avia
Fallo
Publicación: 18/10/2024
El día 24 de septiembre de 2024, a las 10,00 horas, en la casa consistorial de Carballeda de Avia, se reúne el Jurado para fallar el “Concurso de proyecto, a nivel de anteproyecto para rehabilitación de una edificación en ruinas para centro social multiusos en la parroquia de Muimenta del ayuntamiento de Carballeda de Avia”,y posterior adjudicación del contrato de servicios de redacción de proyecto y dirección de obra.
Hasta el viernes 25 de Octubre estarán expuestas en la casa Consistorial de Carballeda de Avia las 32 propuestas admitidas, entre ellas las premiadas, en horario de 9:00 a 14.30 horas de lunes a viernes.
Resultado del concurso:
- 1º Premio-ganador: “SOCALCOS” 86 puntos. Studio M41 SLU, representada por el Arquitecto Miguel Angel Díaz González (COAVN 4799). PANEL. MEMORIA.
- 2º Premio: “Bica de Millo” 76 puntos. Ana Irisarri Vázquez (COAG 5225). PANEL. MEMORIA.
- 3º Premio: “ENXEBRE” 75 puntos. Alberto Vallejo Puntero (COAM 23707). PANEL. MEMORIA.
Finalistas:
- MULTIMENTA. PANEL. MEMORIA.
- ReDo. PANEL. MEMORIA.
- ALPENDRE CULTURAL. PANEL. MEMORIA.
- INJERTO. PANEL. MEMORIA.
Puntuación de las propuestas seleccionadas:
HOJA DE PUNTUACIONES PUNTUACIONES OBTENIDAS POR LAS PROPUESTAS EN BASE A LOS CRITERIOS DE VALORACIÓN EXPUESTOS EN EL PUNTO 13 DE LAS BASES:
- CALIDAD ARQUITECTÓNICA Y MEJOR ADECUACIÓN AL PROGRAMA de la intervención: Hasta 50 puntos
Se valorará la calidad de la propuesta. En concreto la mejor propuesta que: o Conjuge el mejor aprovechamiento, salubridad, confort, flexibilidad, versatilidad (incluso la adaptación a nuevos usos en el futuro), e innovación del programa (abierto- cerrado). Optimización y flexibilidad de espacios. Accesibilidad interior y organización de circulaciones (personas, bienes y suministros, etc.), al tiempo que cumpla con la normativa urbanística y técnica aplicable de las bases técnicas. o La posibilidad de ejecutar la propuesta por FASES. - VIABILIDAD ECONÓMICA Y DESARROLLO CONSTRUCTIVO de la propuesta: 20 puntos
Se valorará el desarrollo del sistema constructivo propuesto, con la aplicación de materiales y soluciones constructivas sencillas, bajo el principio de la economía circular con la limitación del presupuesto establecido en las Bases. - SOSTENIBILIDAD ambiental: Hasta 10 puntos
Se valorará la sostenibilidad Ambiental y la Eficacia Energética, tanto pasiva, como activa de todas las edificaciones e incluso de su entorno. Su autonomía y en su caso, generación energética propia. Así como la reducción de la huella de carbono, la protección ambiental y la capacidad de adaptación al cambio climático. - Propuestas de MINIMIZACIÓN de los costes de MANTENIMIENTO Y SEGURIDAD. Hasta 10 puntos
Se valorarán las propuestas que tengan presente la minimización de los costes de mantenimiento y de ahorro energético del equipamiento en uso, su facilidad y accesibilidad universal en las operaciones y trabajos a realizar. - Su relación CON EL ENTORNO: Hasta 10 puntos
La mejor adaptación armoniosa en el entorno natural y el paisaje, y su relación e integración con el entorno y edificaciones circundantes.
La puntuación máxima que podrá obtener un concursante será de 100 puntos.
Se procede a la puntuación de todas las propuestas según los criterios de valoración recogidos en el apartado anterior. Por todo lo anterior, el jurado decide, por unanimidad, la siguiente asignación de premios:
| LEMA | CALIDAD ARQUITECTÓNICA | VIABILIDAD ARQUITECTÓNICA | SOSTENIBILIDAD AMBIENTAL | MANTENIMIENTO Y SEGURIDAD | ENTORNO | TOTAL |
|---|---|---|---|---|---|---|
| SOCALCOS | 45 | 15 | 8 | 8 | 10 | 86 |
| BICA DE MILLO | 40 | 12 | 6 | 8 | 10 | 76 |
| ENXEBRE | 38 | 12 | 8 | 8 | 9 | 75 |
| MULTIMENTA | 37 | 12 | 8 | 8 | 8 | 73 |
| ReDo | 35 | 12 | 8 | 8 | 9 | 72 |
| ALPENDRE CULTURAL | 29 | 15 | 8 | 8 | 10 | 70 |
| INJERTO | 34 | 12 | 8 | 7 | 6 | 67 |
Acta final del jurado-Resolución
Adjudicación contrato
Acta apertura documentación propuestas ganadoras
Formalización del contrato
Visita guiada
Publicación: 29/07/2024
Publicada no Perfil do contratante da Plataforma de Contratación do Sector Público, a convocatoria da visita guiada ao ámbito de actuación para coñecer a problemática existente, así como os posibles condicionantes e valores a conservar e potenciar. Esta visita terá lugar o 31 de xullo ás 11,00 horas.
Enlace da publicación na plataforma.
Convocatoria
Publicación: 19/07/2024
Publicada na Plataforma de Contratación do Estado a convocatoria para a rehabilitación dunha edificación en ruínas para centro social multiusos no concello de Carballeda de Avia (provincia de Ourense) no que colaborou o COAG.
- Orzo base de licitación sen impostos: 35.861,09 EUR.
- Valor estimado do contrato: 35.861,09 EUR
- Tipo de Contrato: Servizos
- Código CPV: 71210000 – Servizos de asesoramento en arquitectura
- Lugar de Execución: España – Ourense
- Procedemento de contratación: Concurso de proxectos
- Tipo de tramitación: Ordinaria
- Tipo de concurso Aberto
- Presentación da oferta Electrónica
- Características do procedemento concurso a nivel de anteproxectos
- Idioma de Presentación de Oferta: Español – Galego
- Detalle da Licitación:
Concederanse premios: Si
- PREMIO. 1º Premio-gañador (a conta) (*) 8.000,00 € e adxudicación do contrato de servizos de redacción do Proxecto Básico e de Execución e Dirección de Obra de Arquitecto.
- 2º Premio: 6.000,00 €
- 3º Premio: 4.000,00 €
Data fin de presentación de oferta. 02/09/2024 23:59
Concello de Meaño – Contratación laboral temporal de un arquitecto
No BOP-Pontevedra de 16 de outubro, publicouse o seguinte anuncio do Concello de Meaño:
CONVOCATORIA PROXECTO MAIS EMPREGA NOS CONCELLOS
ANUNCIO DE CONVOCATORIA PROXECTO “+ EMPREGA NOS CONCELLOS”, PARA FINANCIAR CONTRATOS FORMATIVOS. CONTRATACIÓN 1 ARQUITECTO/A E 1 TÉCNICO/A EDUCACIÓN INFANTIL
Mediante Resolución da Alcaldía de data 11/10/2024, aprobáronse as bases para a selección que rexen o procedemento para a contratación laboral temporal mediante un contrato formativo para adquirir practica profesional no posto dun/a Arquitecto/a e no posto dun/a Técnico/a Educación Infantil., mediante o procedemento de concurso.
O Prazo para a presentación de solicitudes, será de 5 DÍAS HÁBILES, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.
As bases do procedemento poderán consultarse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina WEB oficial do Concello de Meaño, con dirección
Ayuntamiento de Gijón – Programa primera experiencia profesional 2024-45
Publicadas las Bases generales para la selección del personal beneficiario del programa primera experiencia profesional 2024-25. Convocatoria 2024 del servicio público de empleo del programa de contratos formativos para la adquisición de la práctica profesional...
Concello de Cangas – Solicitude de ofertas contrato menor
Desde a Central de Compras do Concello de Cangas enviannos solicitude de oferta para o contrato menor CM24/89 Servizo de redacción de certificación enerxética e deseño dun plan de xestión da enerxía de varios inmobles do Concello. (Propostas de contrato menor...
Información planeamento Concello de Lugo
Pola presente damos traslado dun dos temas tratados na reunión mantida cos servizos técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Lugo o pasado día 14 de outubro. Este informe pretende informar do contido ao que se refire o artigo 21 do PXOM de Lugo. Os...
Encontro de seguimento do Programa “Mentoring para arquitectxs”
Este vindeíro martes 29 de outubro, na sede da Delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, realizaremos un encontro aberto de seguimento do Programa “Mentoring para arquitectxs”. Neste encontro compartiremos as distintas...
Oferta de emprego
Estudio de arquitectura DOSESMAS ARQUITECTOS, con sede en Santiago seleciona arquitecto/a. Funcións a desempeñar Desenvolvemento de proxectos e concursos. Ubicación do posto: Santiago de Compostela Número de vacantes 1 Tipo de contrato: Asalariado Coñecementos:...
Curso “O ditame pericial do arquitecto”
A Agrupación de Peritos e Forenses do COAG organiza o día 18 de novembro en Santiago de Compostela este curso básico que ten como obxectivos que os alumnos adquiran o coñecemento básico xeneral das funcións, metodoloxía, procedementos e criterios técnicos de...
Concello de Valga – Unha praza de arquitecto/a
No BOP-Pontevedra de 22 de outubro aparece publicada a Convocatoria bases xerais e específicas reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Valga para cubrir unha praza de arquitecto/a. As solicitudes requirindo tomar parte na correspondente proba de...
Trámite de Consulta Pública Previa sobre o proxecto de Ordenanza reguladora do procedemento para a implantación da actividade de vivenda de uso turístico.
Informámoste de que até o día 24 de outubro está aberto o trámite de consulta pública para que as persoas e entidades poidan achegar as súas aportacións ao Concello da Coruña sobre o regulamento dos establecementos turísticos nomeados como Vivendas de Uso Turístico...
Concurso centro social multiusos en Carballeda de Avia – FALLO
Concurso para rehabilitación dunha edificación en ruínas para centro social multiusos no concello de Carballeda de Avia Fallo Publicación: 18/10/2024 El día 24 de septiembre de 2024, a las 10,00 horas, en la casa consistorial de Carballeda de Avia, se reúne el Jurado...
Concello de Meaño – Contratación laboral temporal de un arquitecto
No BOP-Pontevedra de 16 de outubro, publicouse o seguinte anuncio do Concello de Meaño: CONVOCATORIA PROXECTO MAIS EMPREGA NOS CONCELLOS ANUNCIO DE CONVOCATORIA PROXECTO “+ EMPREGA NOS CONCELLOS”, PARA FINANCIAR CONTRATOS FORMATIVOS. CONTRATACIÓN 1 ARQUITECTO/A E 1...