Concello de Meaño – Contratación laboral temporal de un arquitecto

17 Out 2024

No BOP-Pontevedra de 16 de outubro, publicouse o seguinte anuncio do Concello de Meaño:

CONVOCATORIA PROXECTO MAIS EMPREGA NOS CONCELLOS

ANUNCIO DE CONVOCATORIA PROXECTO “+ EMPREGA NOS CONCELLOS”, PARA FINANCIAR CONTRATOS FORMATIVOS. CONTRATACIÓN 1 ARQUITECTO/A E 1 TÉCNICO/A EDUCACIÓN INFANTIL

Mediante Resolución da Alcaldía de data 11/10/2024, aprobáronse as bases para a selección que rexen o procedemento para a contratación laboral temporal mediante un contrato formativo para adquirir practica profesional no posto dun/a Arquitecto/a e no posto dun/a Técnico/a Educación Infantil., mediante o procedemento de concurso.

O Prazo para a presentación de solicitudes, será de 5 DÍAS HÁBILES, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.

As bases do procedemento poderán consultarse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina WEB oficial do Concello de Meaño, con dirección

www.concellodemeano.com/ga/inicio.

Enlace ao BOP-Pontevedra.

Compartir