No BOP-Pontevedra de 22 de outubro aparece publicada a Convocatoria bases xerais e específicas reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Valga para cubrir unha praza de arquitecto/a.
As solicitudes requirindo tomar parte na correspondente proba de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas bases xerais que se achegan a este expediente para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello, conforme ao modelo que figurará como ANEXO I das presentes bases, e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de DEZ (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria deste proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de anuncios desta Corporación.