Informámoste de que até o día 24 de outubro está aberto o trámite de consulta pública para que as persoas e entidades poidan achegar as súas aportacións ao Concello da Coruña sobre o regulamento dos establecementos turísticos nomeados como Vivendas de Uso Turístico (VUT).
Seguindo as consideracións da Resolución do Parlamento Europeo, de 21 de xaneiro de 2021 (2019/2187 (INI)), sobre o acceso a unha vivenda digna e asequible, e a sentenza do TXUE do 22 de setembro de 2020 (Gran Sala, ECLI:EU:C:2020:743), na que se recalca que as medidas para lograr o obxectivo de paliar a escaseza de vivendas destinadas ao arrendamento de longa duración están xustificadas por unha razón imperiosa de interese xeral, e tendo observado unha crecente preocupación social na cidade fronte a escalada de prezos dos alugueres e o incremento de este tipo de establecementos turísticos, axuntamos aquí a información básica para realizar aportacións a este proceso.
Enlace para enviar as aportacións ao concello:
Enlace ao documento de consulta previa:
https://www.coruna.gal/descarga/1453878194664/CONSULTA-ORDENANZA-VUTS-1.pdf
Animándote a realizar aportacións a este proceso consultivo,
Recibe un ben cordial e ben fraternal saúdo,
Ruth Varela, Presidenta, en representación da Xunta Directiva da Delegación de A Coruña do COAG.
presidenta.coruna@coag.es