A Agrupación de Peritos e Forenses do COAG organiza o día 18 de novembro en Santiago de Compostela este curso básico que ten como obxectivos que os alumnos adquiran o coñecemento básico xeneral das funcións, metodoloxía, procedementos e criterios técnicos de inspección e elaboración do ditame pericial, así como do procedemento xudicial, obrigas e responsabilidades derivadas. Os contidos do curso articúlanse desde unha dobre perspectiva xurídico-técnica, para ofrecer unha visión integral do proceso e de todos os aspectos que interveñen no desenvolvemento profesional deste tipo de traballos.
Programa
A cota de inscrición á xornada completa, mañá e tarde, inclúe a comida de traballo do mediodía. Tamén se servirá café en ambas as pausas.
Horario
Data | Mañán | Tarde |
---|---|---|
18/11/2024 | 09:00 – 14:30 | 16:30 – 20:00 |
Lugar de celebración
Sala de formación do COAG en Santiago de Compostela Quintana 1, 3º 15704 Santiago de Compostela
Matrícula
Según o tipo de asistente e a suscrición ao servizo:
Membros agrupación AAPF | 30,00 € (1) | 60,00 € |
Colexiados COAG | 60,00 € (1) | 90,00 € |
Colexiados doutros COAs | 120,00 € |
(1) Importe con suscrición ao Servizo de Formación.