Desde a Central de Compras do Concello de Cangas enviannos solicitude de oferta para o contrato menor CM24/89 Servizo de redacción de certificación enerxética e deseño dun plan de xestión da enerxía de varios inmobles do Concello. (Propostas de contrato menor 2024-0052 [memoria xustificativa])
Consultado o Concello, indicou que pode participar calquera persoa física ou xurídica estea ou non rexistrada no seu rexistro. A inscrición nesta base o único que implica é un dereito dos rexistrados a ser informado de que se está tramitando un contrato menor do grupo ao que están subscritos.
A memoria xustificativa do contrato poderana atopar publicada tamén no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do Concello.
Establécese un prazo para presentar ofertas de 3 días hábiles (24/10/2024– 28/10/2024). A oferta económica deberá enviarse ao correo electrónico contratos@cangas.gal dentro do prazo establecido.
1. Obxecto do contrato: Contratación dun servizo de auditoria enerxética, elaboración de certificacións de eficiencia enerxética e proposta e mellora nos seguintes edificios municipais:
- Pavillón do Gatañal
- Casa da Xuventude
- Casa da Bola
- Edificio principal do Concello
A execución deste contrato conleva a realización das seguintes actuacións por parte da empresa adxudicataria nos edificios relacionados anteriormente:
FASE 1. Auditoría enerxética
Análise da situación actual dos edificios e das súas instalacións desde o punto de vista de eficiencia enerxética. Trátase dun diagnóstico do seu comportamento enerxético.
FASE 2. Proposta de mellora
A proposta de mellora contendrá medidas correctoras viables, desde o punto de vista técnico e económico, que permitan alcanzar unha maior eficiencia enerxética. Para os edificios da Casa da Xuventude e Casa da Bola terase en conta que está afectados por polas Normas Subsidiarias do Planeamento do Concello para o Casco Vello.
FASE 3. Preparación e tratamento de toda a información de calificación enerxética
Esta fase comprenderá a confección de toda a documentación técnica precisa para a obtención da calificación enerxética e a identificación das melloras enerxéticas requiridas. Deberase presentar a documentación por rexistro de entrada no Concello para a súa supervisión antes de pasar ao rexistro na administración competente.
FASE 4. Tramitación e rexistro dos certificados de eficiencia enerxética
Esta fase comprenderá a tramitación da obtención da etiqueta de eficiencia enerxética e o rexistro público dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios.
2. División en lotes: Non
3. Prazo de execución: a execución de todas as fases deberá realizarse antes do 31 de decembro de 2024.
4. Aptitude para contratar: Están capacitados para contratar con esta Administración as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estén incursas en algunha prohibición de contratar das enumeradas no artigo 71 da LCSP. As persoas xurídicas só poderán ser adxudicatarias de contratos cuxas prestacións estean comprendidas dentro dos fins, obxecto ou ámbito de actividade que, a ter dos seus estatutos ou regras fundacionais, sexanlles propios.
Así mesmo, os contratistas deberán contar, así mesmo coa habilitación empresarial ou profesional que, no seu caso, sexa esixible para a realización das prestacións obxecto deste contrato. As comunidades de bens carecen de personalidade xurídica e, por tanto, de aptitude para contratar coa Administración.
5. Procedemento: Tramitación ordinaria pola Central de Compras
De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local do día 9 de marzo de 2020 polo que se aproban as bases que han de rexer a adxudicación dos contratos menores, se remitirá solicitude de oferta a todos os licitadores que se atopen inscritos na Base de Licitadores do Concello de Cangas no tipo de contrato e categoría correspondente. Finalizado o prazo de presentación de ofertas, a Comisión de Valoración de contratos menores será a encargada de estudiar, avaliar e clasificar as ofertas e fará unha proposta de adxudicación a favor da oferta máis vantaxosa de acordo co criterio de adxudicación establecido nesta memoria xustificativa.
Criterio de adxudicación: Menor prezo
6. Presentación de ofertas:
Prazo: Establécese un prazo para presentar ofertas de 3 días hábiles. (24/10/2024 – 28/10/2024)
Forma e lugar: As ofertas presentaranse única e exclusivamente por vía telemática ao correo electrónico contratos@cangas.gal debendo indicar no apartado ASUNTO: “6740/2024”
Aclaracións: Para resolver calquera aclaración poden enviar a súa consulta ao mesmo correo electrónico contratos@cangas.gal, indicando no ASUNTO: ACLARACIÓN.
MÁIS INFORMACIÓN: https://cangas.sedelectronica.gal/board/975040b6-f59b-11de-b600-00237da12c6a/.