Categoría

Publicación da Lei 2/2026, de 29 de xullo, e a Pasarela ao RETA para Arquitectos Mutualistas

Publicación da Lei 2/2026, de 29 de xullo, e a Pasarela ao RETA para Arquitectos Mutualistas

Tras a publicación no BOE da Lei 2/2026, do 29 de xullo, establécese o marco legal para a integración voluntaria dos profesionais mutualistas no sistema público da Seguridade Social.

Queremos recordar que a pasarela aínda non está operativa. O Goberno dispón dun prazo máximo de tres meses para aprobar o Regulamento definitivo que fixará as condicións de traspaso do capital e os prazos de solicitude. Polo tanto, non se deben presentar solicitudes nin tramitar baixas nestes momentos, tampouco xubilarse nin solicitar prestacións á mutalidade ata non ter sido dito Regulamento aprobado. read more…

Premios Gran de Area 2026

Premios Gran de Area 2026

Infórmase da convocatoria da edición 2026 dos premios Gran de Area de Arquitectura.

O prazo de presentación de candidaturas rematará ás 23:59 horas do 25 de setembro de 2026.

A plataforma de presentación de candidaturas abrirase próximamente.

As bases e o enlace para consultar candidaturas poden consultarse na circular nº 13/2026

 

Resultado do proceso de selección para a contratación temporal, en réxime laboral, dunha persoa colexiada como persoal adscrito á área técnica na delegación de Santiago

Resultado do proceso de selección para a contratación temporal, en réxime laboral, dunha persoa colexiada como persoal adscrito á área técnica na delegación de Santiago

Tras finalizar o proceso de selección para a contratación temporal de persoal técnico na Delegación de Santiago do COAG, infórmase que a colexiada Paula Alfonso Laya resultou seleccionada para cubrir a praza. O proceso completouse coa realización das correspondentes probas e entrevistas por parte do tribunal cualificador, quedando como suplente a colexiada Claudia Ares Criado. read more…

Creación do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG

Creación do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG

A frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos adversos, incendios forestais, inundacións e outras situacións de catástrofe no territorio galego ou estatal esixen dunha resposta rápida, técnica e coordinada.

Como profesionais da edificación e o urbanismo, as arquitectas e arquitectos desempeñamos un papel crítico na protección das persoas e na recuperación das contornas habitadas.

A creación do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG nace coa vocación de artellar unha rede solidaria e altamente capacitada de profesionais voluntarios en Galicia. read more…

Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP

Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP

Entre o 23 de setembro e o 21 de outubro terá lugar o Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, coorganizado polo COAG e a EGAP.

Este curso ten como obxectivo facilitar ao alumnado os coñecementos necesarios para poder abordar con solvencia todos os procesos relacionados coa contratación pública de traballos de arquitectura. Para iso, contando coa intervención de profesionais que son referencia en cada unha das materias abordadas:

  • analizarase o marco legal polo que se rexe a contratación pública e a súa aplicación específica á contratación deste tipo de traballos.
  • analizaranse de xeito completo e pormenorizada todos os procesos implicados na contratación pública de obras de arquitectura, desde os métodos de contratación ata o proxecto finalizado.
  • abordaranse as posibles estratexias de contratación para as Administracións, a elaboración dos pregos técnicos e administrativos, os modelos de concursos, os custos, tanto da construción como da elaboración dos trabajos obxecto do contrato, as principais problemáticas asociadas á licitación da obra e tamén todo o proceso de execución, ata a súa completa finalización e recepción pola Administración.
  • á análise dalgúns casos de éxito de contratación pública de traballos de arquitectura. Neste contexto, presentaremos a ferramenta informática PAUTA, desenvolta polo COAG para facilitar a convocatoria de concursos de arquitectura ao amparo da Ley de Calidad de la Arquitectura.

No seguinte enlace pode consultarse a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores, que podería ser obxecto de pequenos axustes e cuxa versión definitiva se publicará coa apertura da matrícula: [+ enlace ao programa]

Datas e lugar de celebración:

O curso desenvolverase íntegramente en formato presencial, nas aulas da EGAP [rúa Madrid, 2-4, polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela]. No programa indícanse as datas e o horario previsto para cada unha das xornadas. Terá unha duración de 33 horas que se distribuirán a razón de seis horas e media por semana, ordinariamente os mércores de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:00 h.

Matriculación:

O prazo de matrícula abrirase ás 9 da mañá seguinte á publicación da convocatoria oficial do curso no DOG, que terá lugar nas próximas semanas. No momento en que dita publicación sexa efectiva, informarémosvos a través dos medios habituais.

Os importes de matrícula son os seguintes:

  • Matrícula ordinaria: 100 euros
  • Arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: 75 euros
  • Arquitectos colexiados no COAG subscritos a formación e concursos: 50 euros
  • Empregados públicos (arquitectos das AAPP e secretarios-interventores da AALL): 50 euros

(*) Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2026, podedes solicitar a subscrición (nova consulta) no seguinte enlace.

Máis información e consultas:

Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nós a través de:

  • Colexiados: a través do panel de servizos do COAG, no apartado Realizar consultas da sección de Formación [+ enlace]
  • Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org

Recoñecementos oficiais:

O curso está homologado pola Escola Galega de Administración Pública.

Advertencia:

A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

Coa colaboración de

Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Marta Trigás, Aldara Vázquez e Lara Lars, moderada por Joana Covelo

Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Marta Trigás, Aldara Vázquez e Lara Lars, moderada por Joana Covelo

Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Marta Trigás, Aldara Vázquez e Lara Lars, moderada por Joana Covelo. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións diferentes, e con perfís profesionais tamén moi diversos. Un evento que pretende continuar no tempo, amosando o traballo, implicación e diversidade de tantas profesionais arquitectas e que aspira tamén a descubrir e servir de plataforma para aquelas máis novas.

ENLACE Á GRAVACIÓN.

O CSCAE organiza unha listaxe de arquitectos voluntarios para prestar asistencia técnica en situacións de emerxencia

O CSCAE organiza unha listaxe de arquitectos voluntarios para prestar asistencia técnica en situacións de emerxencia

O Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) fai un chamamento aos/as profesionais da Arquitectura para constituír unha listaxe de voluntarios/as que permita canalizar a asistencia técnica ante situacións de emerxencia derivadas de desastres naturais, como os incendios con afección de zonas rurais de Almería, Ávila, Madrid, Toledo e a Vall de Uxó, en Castelló, ou o dobre terremoto que, o 24 de xuño, sacudiu Venezuela, acabando coa vida de miles de persoas, deixando outros tantos miles de feridos e provocando o colapso de numerosas vivendas e edificios e danos severos noutras.

Para a elaboración desta listaxe, habilitouse unha plataforma en liña na que os/as arquitectos/as voluntarios/as poden inscribirse, cumprimentando os seus datos privados e acreditando a experiencia que posúen neste tipo de situacións. A lista de voluntarios/as estará aberta e a súa dispoñibilidade irá en función das inscricións recibidas e a instancia do Colexio Autonómico afectado, a través dunha petición da súa activación ao Grupo de Traballo de Emerxencias do CSCAE.

Máis información no seguinte ENLACE

Sentenza do Tribunal Supremo que fixa doutrina sobre a competencia profesional para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda.

Sentenza do Tribunal Supremo que fixa doutrina sobre a competencia profesional para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda.

Infórmase que, tal é como se indicou na circular 12/2026, o Tribunal Supremo ditou a sentenza nº 700/2026, do 4 de xuño, que establece como doctrina a competencia exclusiva de arquitectos para intervencións en edificios cando se cambien os usos característicos, aínda...

Resultado do proceso de selección para a contratación temporal, en réxime laboral, dunha persoa colexiada como persoal adscrito á área técnica na delegación de Santiago

Resultado do proceso de selección para a contratación temporal, en réxime laboral, dunha persoa colexiada como persoal adscrito á área técnica na delegación de Santiago

Tras finalizar o proceso de selección para a contratación temporal de persoal técnico na Delegación de Santiago do COAG, infórmase que a colexiada Paula Alfonso Laya resultou seleccionada para cubrir a praza. O proceso completouse coa realización das correspondentes...