Entre o 23 de setembro e o 21 de outubro terá lugar o Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, coorganizado polo COAG e a EGAP.
Este curso ten como obxectivo facilitar ao alumnado os coñecementos necesarios para poder abordar con solvencia todos os procesos relacionados coa contratación pública de traballos de arquitectura. Para iso, contando coa intervención de profesionais que son referencia en cada unha das materias abordadas:
- analizarase o marco legal polo que se rexe a contratación pública e a súa aplicación específica á contratación deste tipo de traballos.
- analizaranse de xeito completo e pormenorizada todos os procesos implicados na contratación pública de obras de arquitectura, desde os métodos de contratación ata o proxecto finalizado.
- abordaranse as posibles estratexias de contratación para as Administracións, a elaboración dos pregos técnicos e administrativos, os modelos de concursos, os custos, tanto da construción como da elaboración dos trabajos obxecto do contrato, as principais problemáticas asociadas á licitación da obra e tamén todo o proceso de execución, ata a súa completa finalización e recepción pola Administración.
- á análise dalgúns casos de éxito de contratación pública de traballos de arquitectura. Neste contexto, presentaremos a ferramenta informática PAUTA, desenvolta polo COAG para facilitar a convocatoria de concursos de arquitectura ao amparo da Ley de Calidad de la Arquitectura.
No seguinte enlace pode consultarse a programación do curso, contidos detallados, horarios e relatores, que podería ser obxecto de pequenos axustes e cuxa versión definitiva se publicará coa apertura da matrícula: [+ enlace ao programa]
Datas e lugar de celebración:
O curso desenvolverase íntegramente en formato presencial, nas aulas da EGAP [rúa Madrid, 2-4, polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela]. No programa indícanse as datas e o horario previsto para cada unha das xornadas. Terá unha duración de 33 horas que se distribuirán a razón de seis horas e media por semana, ordinariamente os mércores de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:00 h.
Matriculación:
O prazo de matrícula abrirase ás 9 da mañá seguinte á publicación da convocatoria oficial do curso no DOG, que terá lugar nas próximas semanas. No momento en que dita publicación sexa efectiva, informarémosvos a través dos medios habituais.
Os importes de matrícula son os seguintes:
- Matrícula ordinaria: 100 euros
- Arquitectos colexiados no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: 75 euros
- Arquitectos colexiados no COAG subscritos a formación e concursos: 50 euros
- Empregados públicos (arquitectos das AAPP e secretarios-interventores da AALL): 50 euros
(*) Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2026, podedes solicitar a subscrición (nova consulta) no seguinte enlace.
Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: a través do panel de servizos do COAG, no apartado Realizar consultas da sección de Formación [+ enlace]
- Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Recoñecementos oficiais:
O curso está homologado pola Escola Galega de Administración Pública.
Advertencia:
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Coa colaboración de ![]()
