Publicación da Lei 2/2026, de 29 de xullo, e a Pasarela ao RETA para Arquitectos Mutualistas

6 Ago 2026

Tras a publicación no BOE da Lei 2/2026, do 29 de xullo, establécese o marco legal para a integración voluntaria dos profesionais mutualistas no sistema público da Seguridade Social.

Queremos recordar que a pasarela aínda non está operativa. O Goberno dispón dun prazo máximo de tres meses para aprobar o Regulamento definitivo que fixará as condicións de traspaso do capital e os prazos de solicitude. Polo tanto, non se deben presentar solicitudes nin tramitar baixas nestes momentos, tampouco xubilarse nin solicitar prestacións á mutalidade ata non ter sido dito Regulamento aprobado.

Mentres agardamos polo regulamento, estas son as recomendacións estratéxicas que poderia ir facendo segundo a súa situación profesional:

1. RECOMENDACIÓNS PARA ARQUITECTOS EN ACTIVO

  • Petición de historial económico: Pode solicitar formalmente a HNA un desglose do valor económico acumulado de todas as súas achegas.

  • Auditoría de vida laboral: Pode descargar o seu informe de vida laboral na Seguridade Social para verificar se conta con cotizacións previas noutros réximes (Xeral ou RETA).

  • Atención aos maiores de 52 anos: Este colectivo contará con garantías especiais para computar os anos de mutualidade como cotizados. Pode preparar toda a súa documentación acreditativa.

  • Planificación de tesouraría: Teña en conta que a lei establece un incremento gradual das cotas mínimas da mutualidade (86% do RETA en 2026, 93% en 2027 e 100% en 2028). Pode preparar o seu fluxo de caixa para este aumento de custos.

  • Prudencia fiscal: O traspaso de fondos á Seguridade Social estará exento de impostos, pero non se coñece o Regulamento polo que pode ser mellor non realizar movementos.

2. RECOMENDACIÓNS PARA ARQUITECTOS XUBILADOS (PASIVOS)

  • Confirmación do status de exclusión: A lei determina que os profesionais que xa son pensionistas da mutualidade ou do sistema público non poden acollerse á pasarela (salvo por pensións de viúvez). A súa pensión actual seguirá abonándose segundo o contrato asinado.

  • Complemento a mínimos: coa entrada en vigor da Lei 2/2026 no caso de que o profesional xubilado acredite que a súa pensión de HNA é inferior á mínima pública e non supera o límite de rendas establecido pola Seguridade Social, poderá solicitar o complemento a mínimos. Os arquitectos xubilados poden calcular o seu limiar, recoller certificados de rendas de HNA e da AEAT, e dirixirse ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) para informarse sobre o seu estado e aplicación.

  • Seguimento de informes semestrais: A partir de agora, a mutualidade deberá remitir informes de transparencia e solvencia cada seis meses. É fundamental revisar esta documentación para vixiar a estado dos fondos colectivos.

Próximos pasos

Unha vez que se aprobe o Regulamento (prazo máximo de tres meses), abrirase unha fiestra única de oportunidade de 12 meses para solicitar a pasarela. Lembramos que a decisión de integrarse no RETA será irreversible.

Recomendamos manterse informado a través das canles oficiais e unha vez que o Goberno publique o Regulamento de desenvolvemento definitivo, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia habilitará os medios necesarios para informar ás personas colexiadas.

Compartir