A frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos adversos, incendios forestais, inundacións e outras situacións de catástrofe no territorio galego ou estatal esixen dunha resposta rápida, técnica e coordinada.
Como profesionais da edificación e o urbanismo, as arquitectas e arquitectos desempeñamos un papel crítico na protección das persoas e na recuperación das contornas habitadas.
A creación do Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG nace coa vocación de artellar unha rede solidaria e altamente capacitada de profesionais voluntarios en Galicia.
Esta iniciativa colexial xurde en paralelo á iniciativa que o CSCAE ten posto en marcha a través do seu grupo de resposta ante emerxencias, deseñado para coordinar a asistencia técnica de profesionais da arquitectura no ámbito nacional e internacional.
Neste caso este Grupo de Coordinación de Emerxencias do COAG servirá como interlocutor técnico oficial ante as diferentes administracións ou colectivos de persoas afectadas no territorio galego.
Para estruturar este despliegue territorial, o COAG ten habilitado unha bolsa de profesionais onde os arquitectos e arquitectas colexiadas poden rexistrarse.
Fins e Obxectivos do Grupo
- Avaliación técnica post-catástrofe: Inspeccionar de forma inmediata a estabilidade e seguridade de edificios e infraestruturas afectadas para determinar a habitabilidade ou o risco de colapso.
- Coordinación institucional eficaz: Establecer protocolos de actuación rápida co 112 Galicia, a Axega (Axencia Galega de Emerxencias) e os corpos de seguridade.
- Creación do Rexistro de Voluntarios (Rede COAG): Xestionar unha bolsa de profesionais clasificados por especialidade, dispoñibilidade e delegación (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, Ferrol).
- Formación e capacitación continua: Organizar plans formativos específicos en patoloxía exprés, peritaxe de danos por catástrofes naturais e seguridade estrutural en emerxencias .
- Apoio á cidadanía: Prestar asistencia e información técnica básica á poboación damnificada sobre o estado das súas vivendas e os pasos técnicos a seguir.
Estrutura Organizativa Proposta
O responsable de coordinación interna do Grupo será o Decano, ou persoa en quen delegue previo acordo da Xunta de Goberno do COAG.
Inscrición
As persoas colexiada interesadas en inscribirse deberán facelo no seguinte enlace: https://apps.coag.es/grupoemergencias
