Categoría
Xornada informativa cursos QGIS iniciación e CYPECAD MEP
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acaba de habilitar a matrícula para os dous primeiros cursos sobre aplicacións BIM e GIS para este ano 2025:
QGIS iniciación [+programa e matriculación QGIS iniciación]
CYPECAD MEP [+programa e matriculación CYPECAD MEP]
Para aclarar dúbidas en canto a organización destes dous cursos e o seu desenvolvemento vaise realizar unha xornada informativa online que terá lugar o venres 14 de marzo de 17:00 a 18:00 horas.
Para poder inscribirte nesta xornada é necesaria a inscripción na seguinte [ligazón]
Unha das principais dificultades dos arquitectos á hora de formarse nestas materias é a incompatibilidade dos calendarios lectivos habituais destes cursos co desenvolvemento da actividade profesional, xa que, ao tratarse de materias cunha marcada compoñente práctica, a adicación requerida, axustando a duración do curso ao calendario lectivo, pode resultar excesiva.
Para tentar minimizar esta dificultade, a metodoloxía destes cursos está pensada para aportar a maior flexibilidade posible ao alumno, que permite adaptar a duración e adicación aos cursos ás súas necesidades e á súa dispoñiblidade.
Así, o desenvolvemento artículase en dous períodos: un período de formación e un período de seguemento.
- Período de formación, de exposición de temario, seminarios, vídeos, etc.
-
Período de seguemento, ao longo do cal o alumnado poderá continuar co seguemento en diferido das sesións do período anterior e realización de prácticas, adaptando a duración desta fase ás súas necesidades. Durante o período de seguimento, contarase cun foro atendido semanalmente polos profesores e tamén cunha sesión mensual de titoría.
Estes cursos desenvólvense íntegramente online durante un período máximo 6 meses.
Imasgal colabora co COAG para o desenvolvemento destes cursos, e proporcionará as licenzas oficiais dos software correspondentes durante a duración dos mesmos.
Colabora
![]()
O Concello da Cañiza e o Colexio de Arquitectos de Galicia renden homenaxe a Rita Fernández Queimadelos
A Cañiza e o Colexio de Arquitectos de Galicia renden homenaxe a Rita Fernández Queimadelos, unha arquitecta pioneira galega que dará nome a unha praza no concello.
Natural do municipio pontevedrés, foi a terceira muller Arquitecta en España cuxa traxectoria axudou a mudar estereotipos de xénero na profesión. read more…
Curso CYPE MEP. Deseño e cálculo. Aberto prazo de matrícula.
O curso de Deseño e Cálculo de Instalacións do Edificio con CYPECAD MEP permite deseñar e dimensionar a envolvente, a distribución e as instalacións do edificio nun modelo 3D. O uso de software para o cálculo de instalacións e a interpretación dos seus resultados segundo o CTE é clave para un deseño axeitado e a súa adaptación á obra real.
O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades.
Este curso ten unha duración de 6 meses cunha dedicación estimada de 95 horas. O curso divídese en dous períodos, o de formación e o de seguimento:
- Período de formación: desenvólvese durante os primeiros tres meses e inclúe 39 horas de clases formativas. As sesións emitiránse en directo os venres, serán gravadas e estarán dispoñibles na plataforma para velas en diferido.
- Período de seguimento: durante este período pódese entregar a práctica do curso e haberá unha titoría ao mes.
Para este curso están dispoñibles dous tipos de certificados, o certificado de aproveitamento do COAG e o certificado emitido por CYPE. Para a súa emisión requírese:
- Unha cualificación mínima de 5 para o certificado de aproveitamento do COAG.
- Unha cualificación mínima de 7 para o certificado oficial de CYPE.
Este curso está composto por 17 temas:
- Tema 1: Bases normativas. Código Técnico da Edificación
- Tema 2: Bases teóricas da eficiencia enerxética na edificación
- Tema 3: Instalación e carga de planos
- Tema 4: Definicións xeométricas. Elementos construtivos
- Tema 5: Salubridade
- Tema 6: Fontanaría, saneamento e pluviais
- Tema 7: Definición de cargas térmicas. Climatización
- Tema 8: Seguridade en caso de incendios. Propagación interior e exterior
- Tema 9: Evacuación dos ocupantes
- Tema 10: Instalacións de protección contra incendios
- Tema 11: Iluminación e pararraios
- Tema 12: DB HR
- Tema 13: Instalacións de gas (gas natural / propano)
- Tema 14: Infraestrutura Común de Telecomunicacións
- Tema 15: Contribución solar ACS
- Tema 16: Instalación eléctrica
- Tema 17: Extracción de planos / memorias
[+ programa ]
Matriculación (*)
Existen catro modalidades de matrícula, para os cales se establecen os seguintes prezos:
- Matrícula ordinaria: 560 euros
- Arquitectos colexiados: 400 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 280 euros
- Estudantes de arquitectura: 280 euros
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 12/03/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 00:00 h do xoves 13/03/2025 ata o mércores 19/03/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento en que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación en 2025, podedes solicitalo nunha nova consulta na seguinte ligazón.
Máis información e consultas:
Para formular consultas sobre este curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: mediante o apartado «Realizar consultas», na sección de Formación do panel de servizos do COAG, na seguinte ligazón.
- Non colexiados: a través do correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.
Advertencia
A celebración do curso está condicionada a que se acade o número mínimo de alumnos matriculados para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Colabora
![]()
Oferta de emprego
Estudo STGO Arquitectura con sede en FERROL, selecciona arquitecto/a asalariado para desarrollar proxectos completos de edificación. read more…
Curso QGIS. Nivel iniciación. Aberto prazo de matrícula.
O curso QGIS: Nivel iniciación ten como obxectivo proporcionar ao alumno unha base sólida para o traballo con Sistemas de Información Xeográfica utilizando o software libre QGIS, co propósito de abordar traballos de índole espacial, como o inventario de activos, análise paisaxística, xeración de cartografía, etc. Para iso, traballaremos con modelos de datos, procederemos á descarga de información xeográfica en liña, obteremos a cartografía e analizaremos os datos obtidos.
O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, a través da plataforma de formación en liña do COAG [+ moodle.coag.es]. A metodoloxía e a duración do curso pretenden priorizar a flexibilidade para o alumno, que pode adaptar o curso á súa dispoñibilidade e necesidades.
Este curso ten unha duración de 6 meses cunha dedicación estimada de 90 horas. O curso divídese en dous períodos, o de formación e o de seguimento:
- O período de formación desenvólvese durante os primeiros dous meses e inclúe 20 horas de vídeo. Emitiranse 7 clases dunha hora en directo os venres, que serán gravadas e estarán dispoñibles na plataforma para velas en diferido.
- No período de seguimento poderase entregar a práctica do curso e haberá unha titoría ao mes.
Para a obtención do certificado de aproveitamento deste curso será necesaria unha cualificación mínima de 5.
Este curso está composto por 8 temas:
- Tema 1: Introdución aos Sistemas de Información xeográfica (SIG)
- Tema 2: Introdución a QGIS
- Tema 3: Os datos e a información xeográfica.
- Tema 4: Representación da información xeográfica en QGIS
- Tema 5: Creación e edición de información xeográfica mediante QGIS
- Tema 6: Creación e edición de atributos de capa mediante QGIS
- Tema 7: análise de datos xeográficos
- Tema 8: Xeración de planos e coleccións de mapas (Atlas)
[+ programa ]
Prezo e prazo de matrícula (*)
Existen catro modalidades de matrícula, para os cales se establecen os seguintes prezos:
- Matrícula ordinaria: 380 euros
- Arquitectos colexiados: 270 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 190 euros
- Estudantes de arquitectura: 190 euros
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 12/03/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 00:00 h do xoves 13/03/2025 ata o mércores 19/03/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento en que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación en 2025, podedes solicitalo nunha nova consulta na seguinte ligazón.
Máis información e consultas:
Para formular consultas sobre este curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: mediante o apartado «Realizar consultas», na sección de Formación do panel de servizos do COAG, na seguinte ligazón.
- Non colexiados: a través do correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.
Advertencia
A celebración do curso está condicionada a que se acade o número mínimo de alumnos matriculados para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Colabora
![]()
Xornada informativa Pasarela ao RETA
Ante a preocupación e incerteza motivada pola recente proposición de lei na que o Goberno expón unha pasarela entre as mutualidades e o RETA, a delegación do COAG de Santiago organiza unha charla informativa con Manuel Carazo, persoa da Xunta de Goberno que está dando seguimento á cuestión. read more…
Actividade de difusión da Arquitectura “Modernismo na provincia da Coruña”
PRIMAVERA de 2025
Visitas guiadas DE BALDE polo modernismo das tres cidades da provincia da Coruña, con dúas conferencias introdutorias no Museo de Pobo Galego de Compostela e na Fundación Seoane da Coruña. Impartido polo arquitecto Alberto Fuentes Valcárcel e o guía oficial de turismo Joaquín Fernández Travieso. read more…
Inauguración da praza Arquitecta Rita Fernández Queimadelos en A Cañiza
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en colaboración co Concello de A Cañiza, dentro das accións de implementación do Plan de Igualdade do CSCAE , levará a cabo un acto público de posta en valor e visibilización dunha das pioneiras da arquitectura galega, Dona Rita Fernández Queimadelos. read more…
Resultados preinscripción cursos Cursos TIC 2025_ QGIS, Revit, ArchiCAD, CypeMEP
Vimos de pechar a preinscrición para os cursos de aplicacións BIM e GIS deste ano 2025, que está dispoñible desde hai unhas semanas. Queremos, en primeiro lugar, agradecer a vosa participación nesta iniciativa, xa que coñecer o voso interese e preferencias permítenos aliñar na maior medida posible a oferta formativa coas vosas necesidades e axustar os prezos de matrícula.
Ademais dos cursos propostos nesta preinscrición, a oferta formativa correspondente á liña temática de TIC e metodoloxía para o ano 2025 complementarase con outras actividades e xornadas de diversas temáticas relacionadas (en particular, IA, eficiencia enerxética, deseño paramétrico, etc.).
En canto ao resultado, comunicámosvos que rexistramos un total de 419 preinscricións realizadas por 186 colexiados diferentes, e que todos os cursos propostos teñen unha previsión de demanda suficiente para realizarse. Así, nas vindeiras semanas abriremos as inscricións nunha secuencia.
- Ao longo desta semana, abriremos a inscrición para os cursos de QGIS nivel iniciacióne CypeMEP, que comezarán na segunda quincena de marzo.
- Nas vindeiras semanas estará dispoñible a matrícula para os cursos de Revit e Archicad, nivel Iniciación, e posteriormente, Revit e Archicad intermedio, e Revit familias, que comezarán, a título orientativo, na segunda quincena de abril.
Agardamos que estes cursos vos resulten de utilidade.
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2025
Xornada informativa cursos QGIS iniciación e CYPECAD MEP
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acaba de habilitar a matrícula para os dous primeiros cursos sobre aplicacións BIM e GIS para este ano 2025: QGIS iniciación [+programa e matriculación QGIS iniciación] CYPECAD MEP [+programa e matriculación CYPECAD...
O Concello da Cañiza e o Colexio de Arquitectos de Galicia renden homenaxe a Rita Fernández Queimadelos
A Cañiza e o Colexio de Arquitectos de Galicia renden homenaxe a Rita Fernández Queimadelos, unha arquitecta pioneira galega que dará nome a unha praza no concello. Natural do municipio pontevedrés, foi a terceira muller Arquitecta en España cuxa traxectoria axudou a...
Curso CYPE MEP. Deseño e cálculo. Aberto prazo de matrícula.
O curso de Deseño e Cálculo de Instalacións do Edificio con CYPECAD MEP permite deseñar e dimensionar a envolvente, a distribución e as instalacións do edificio nun modelo 3D. O uso de software para o cálculo de instalacións e a interpretación dos seus resultados...
Oferta de emprego
Estudo STGO Arquitectura con sede en FERROL, selecciona arquitecto/a asalariado para desarrollar proxectos completos de edificación. Valórase coñecementos de REVIT e Sketchup. Requisitos: Experiencia en elaboracións de medicións e orzamentos Tipo de contrato:...
Curso QGIS. Nivel iniciación. Aberto prazo de matrícula.
O curso QGIS: Nivel iniciación ten como obxectivo proporcionar ao alumno unha base sólida para o traballo con Sistemas de Información Xeográfica utilizando o software libre QGIS, co propósito de abordar traballos de índole espacial, como o inventario de activos,...
Xornada informativa Pasarela ao RETA
Ante a preocupación e incerteza motivada pola recente proposición de lei na que o Goberno expón unha pasarela entre as mutualidades e o RETA, a delegación do COAG de Santiago organiza unha charla informativa con Manuel Carazo, persoa da Xunta de Goberno que está dando...
Actividade de difusión da Arquitectura “Modernismo na provincia da Coruña”
PRIMAVERA de 2025 Visitas guiadas DE BALDE polo modernismo das tres cidades da provincia da Coruña, con dúas conferencias introdutorias no Museo de Pobo Galego de Compostela e na Fundación Seoane da Coruña. Impartido polo arquitecto Alberto Fuentes Valcárcel e o guía...
Inauguración da praza Arquitecta Rita Fernández Queimadelos en A Cañiza
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en colaboración co Concello de A Cañiza, dentro das accións de implementación do Plan de Igualdade do CSCAE , levará a cabo un acto público de posta en valor e visibilización dunha das pioneiras da arquitectura galega, Dona...
Resultados preinscripción cursos Cursos TIC 2025_ QGIS, Revit, ArchiCAD, CypeMEP
Vimos de pechar a preinscrición para os cursos de aplicacións BIM e GIS deste ano 2025, que está dispoñible desde hai unhas semanas. Queremos, en primeiro lugar, agradecer a vosa participación nesta iniciativa, xa que coñecer o voso interese e preferencias permítenos...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2025
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de febreiro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais,...