Ante a preocupación e incerteza motivada pola recente proposición de lei na que o Goberno expón unha pasarela entre as mutualidades e o RETA, a delegación do COAG de Santiago organiza unha charla informativa con Manuel Carazo, persoa da Xunta de Goberno que está dando seguimento á cuestión.
Trátase dunha oportunidade para coñecer de primeira man os cambios que poden afectar ao exercicio profesional e ao sistema de cotizacións.
Agardamos ás persoas interesadas, en especial aos mutualistas da HNA.
INSCRICIÓN
Aínda que a xornada é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.
ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN
DATA:
Mércores 12 de marzo de 2025
HORARIO:
19:30 a 21:00 horas
LUGAR:
Delegación de Santiago do COAG, Praza da Quintana, 1. Baixo cuberta. Santiago de Compostela