O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acaba de habilitar a matrícula para os dous primeiros cursos sobre aplicacións BIM e GIS para este ano 2025:
QGIS iniciación [+programa e matriculación QGIS iniciación]
CYPECAD MEP [+programa e matriculación CYPECAD MEP]
Para aclarar dúbidas en canto a organización destes dous cursos e o seu desenvolvemento vaise realizar unha xornada informativa online que terá lugar o venres 14 de marzo de 17:00 a 18:00 horas.
Para poder inscribirte nesta xornada é necesaria a inscripción na seguinte [ligazón]
Unha das principais dificultades dos arquitectos á hora de formarse nestas materias é a incompatibilidade dos calendarios lectivos habituais destes cursos co desenvolvemento da actividade profesional, xa que, ao tratarse de materias cunha marcada compoñente práctica, a adicación requerida, axustando a duración do curso ao calendario lectivo, pode resultar excesiva.
Para tentar minimizar esta dificultade, a metodoloxía destes cursos está pensada para aportar a maior flexibilidade posible ao alumno, que permite adaptar a duración e adicación aos cursos ás súas necesidades e á súa dispoñiblidade.
Así, o desenvolvemento artículase en dous períodos: un período de formación e un período de seguemento.
- Período de formación, de exposición de temario, seminarios, vídeos, etc.
-
Período de seguemento, ao longo do cal o alumnado poderá continuar co seguemento en diferido das sesións do período anterior e realización de prácticas, adaptando a duración desta fase ás súas necesidades. Durante o período de seguimento, contarase cun foro atendido semanalmente polos profesores e tamén cunha sesión mensual de titoría.
Estes cursos desenvólvense íntegramente online durante un período máximo 6 meses.
Imasgal colabora co COAG para o desenvolvemento destes cursos, e proporcionará as licenzas oficiais dos software correspondentes durante a duración dos mesmos.
Colabora