Categoría
Concello de Redondela – Unha praza de Arquitecto/a
No DOG de 11 de febreiro, aparece o Anuncio da oferta de emprego público para o ano 2025 do Concello de Redondela, onde figura, entre outras, unha praza de Arquitecto/a como persoal laboral fixo a tempo completo. read more…
Novas edicións para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs
Tras comprobar a dispoñibilidade do relator, establecemos novas edicións:
- 5ª edición: 25, 26 e 28 de maio [+ 5ª matriculación e programa completo do curso]
- 6ª edición: 8, 9 e 11 de xuño [+ 6ª matriculación e programa completo do curso]
Durante este curso coñeceremos mediante exemplos prácticos como podemos apoiarnos na Intelixencia Artificial para a xestión da normativa existente, a redacción e o control de memorias, entre outros casos de utilidade ao longo das distintas fases dun proxecto. Así mesmo, estableceremos un guión de boas prácticas para a súa utilización.
Prezos de matrícula:
-
Matrícula ordinaria: 190 €
-
Arquitectos/as colexiados/as: 142,5 €
-
Arquitectos/as colexiados/as subscritos/as ao servizo de formación: 95 euros.
Modalidade: en directo en liña
- O curso está deseñado para o seu seguimento en directo. É obrigatorio ter a cámara e o micrófono conectados para o seguimento deste curso.
- Enfoque práctico.
- Certificado de aproveitamento cun mínimo de asistencia de 2 das 3 sesións. Péchase o acceso aos 20 minutos do inicio.
- O curso desenvólvese na modalidade integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación online do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Duración total:
- 12 horas [3 talleres online en directo]
Aforo e prazos de matrícula:
-
O aforo está limitado a 25 alumnas/os.
-
Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados do COAG subscritos ao servizo de formación):
-
5ª edición: 25, 26 e 28 de maio, ata o día 17/5/2026 ás 23:59.
-
6ª edición: 8, 9 e 11 de xuño, ata o día 31/5/2026 ás 23:59.
-
-
Todas as modalidades: ata esgotarse as prazas dispoñibles ou:
-
5ª edición: 25, 26 e 28 de maio, do luns 18/5/2026 ao domingo 24 de maio de 2026.
-
6ª edición: 8, 9 e 11 de xuño, do luns 1/6/2026 ao domingo 7 de xuño de 2026.
-
Programa completo e matrícula:
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
- 5ª edición: 25, 26 e 28 de maio [+ 5ª matriculación e programa completo docurso]
- 6ª edición: 8, 9 e 11 de xuño [+ 6ª matrícula e programa completo do curso]
(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2026, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.
Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:
- Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
- Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Advertencia
A celebración do curso está condicionada á consecución dun número mínimo de alumnos/as matriculados/as para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta un recurso contencioso administrativo en impugnación dos pregos reguladores das condicións da licitación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A (SEAGA), para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción da sede central de SEAGA (Expediente PAH/013/2514/2023 (SAG-2025-0012), publicada no Perfil do Contratante o 19-12-2025).
O principal motivo do recurso radica nas titulacións recollidas nos pregos da licitación para a composición do equipo técnico esixido, no entendemento de que á vista do uso do edificio, o proxectista debe ser arquitecto/a e, por outra banda, porque para as outras figuras integrantes do equipo esixido, exclúese aos arquitectos, sendo técnicos competentes para acometer ditas funcións.
#COAGconta: Modificacións normativas incorporadas pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas
O mércores 11 de febreiro ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Xefe Servizo Disciplina Urbanística e Conservación do Concello de Vigo explicaranos os cambios en varias disposicións legais en materia de urbanismo e edificación que trouxo a Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, coñecida como Lei de acompañamento.
Para acceder á Lei de acompañamento, pica na siguiente [+ ligazón]
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
A responsabilidade do arquitecto no exercicio profesional
O vindeiro venres día 27 de febreiro terá lugar, na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a situación actual da actividade profesional dos arquitectos e as responsabilidades na obra, o urbanismo e o proceso edificatorio, incluíndo espazos de preguntas e debate para o intercambio de ideas.
Programa
Pode desacargarse o programa completo da xornada na seguinte ligazón:
Horario
| Data | Mañá | Tarde |
|---|---|---|
| 27/02/2026 | 09:00 – 14:00 | 16:00 – 20:15 |
Lugar de celebración
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Rúa da Fraga, 27. 15008, A Coruña. [+ver mapa]
Inscripción
A inscripción é gratuita ata acabar aforo.
A inscrición é gratuíta e exclusiva para arquitectos colexiados no COAG e estudantes de arquitectura da ETSAC. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. O aforo é limitado. A inscrición na xornada permanecerá aberta ata as 23:59 h do xoves 26 de febreiro, ou ata esgotárense as prazas dispoñibles.
Enquisa ANMARQ: Seguridade Social e as pensións para arquitectos
Desde ANMARQ puxemos en marcha unha enquisa sobre a situación dos mutualistas arquitectos e arquitectos técnicos.
Xa temos datos de aproximadamente a metade dos nosos 1322 socios, pero entendemos que desde os colexios poderíase obter máis datos relevantes sobre a situación real das pensións dos arquitectos.
O interese da enquisa está en responder con datos estatísticos ás preguntas dos partidos políticos, os cales se queixan de que non teñen datos das mutualidades e dos mutualistas, para poder ponderar adecuadamente a futura Pasarela ao RETA.
A enquisa fíxose co programa Google forms e está dispoñible en galego e adaptada aos arquitectos, co nome de ENQUISA SOBRE A SEGURIDADE SOCIAL E AS PENSIÓNS PARA ARQUITECTOS.
O COAG, en defensa das competencias da profesión, comparece e constitúese en parte nun procedemento xudicial tramitado no Xulgado Contencioso Administrativo Nº 4 de A Coruña, relativo a un recurso contencioso administrativo polo que se impugna unha licenza concedida polo Concello de Mesía en relación cunha legalización de edificación de uso industrial de taller de carpintería de madeira en base a un proxecto subscrito por arquitecto
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xaneiro de 2026
Últimos días para enviar propuestas a la 5ª edición de los Premios ARQUITECTURA 2026
El próximo día 10 de febrero finaliza el plazo para enviar propuestas a la 5ª edición de los Premios ARQUITECTURA 2026 que organiza el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.
O Concello de Oleiros incorpórase á interoperabilidade co COAG
A partires do día 4 de febreiro o Concello de Oleiros incorporarase á interoperabilidade co COAG. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e o Concello. Así, a partires do día 4 de febreiro, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal.
Concello de Redondela – Unha praza de Arquitecto/a
No DOG de 11 de febreiro, aparece o Anuncio da oferta de emprego público para o ano 2025 do Concello de Redondela, onde figura, entre outras, unha praza de Arquitecto/a como persoal laboral fixo a tempo completo. ENLACE AO DOG.
Novas edicións para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs
Tras comprobar a dispoñibilidade do relator, establecemos novas edicións: 5ª edición: 25, 26 e 28 de maio [+ 5ª matriculación e programa completo do curso] 6ª edición: 8, 9 e 11 de xuño [+ 6ª matriculación e programa completo do curso] Durante este curso...
O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta un recurso contencioso administrativo en impugnación dos pregos reguladores das condicións da licitación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A (SEAGA), para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción da sede central de SEAGA (Expediente PAH/013/2514/2023 (SAG-2025-0012), publicada no Perfil do Contratante o 19-12-2025).
O principal motivo do recurso radica nas titulacións recollidas nos pregos da licitación para a composición do equipo técnico esixido, no entendemento de que á vista do uso do edificio, o proxectista debe ser arquitecto/a e, por outra banda, porque para as outras...
#COAGconta: Modificacións normativas incorporadas pola Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas
O mércores 11 de febreiro ás 12:00 horas, José María Domínguez Blanco, Xefe Servizo Disciplina Urbanística e Conservación do Concello de Vigo explicaranos os cambios en varias disposicións legais en materia de urbanismo e edificación que trouxo a Lei 5/2025, do 23 de...
A responsabilidade do arquitecto no exercicio profesional
O vindeiro venres día 27 de febreiro terá lugar, na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a...
Enquisa ANMARQ: Seguridade Social e as pensións para arquitectos
Desde ANMARQ puxemos en marcha unha enquisa sobre a situación dos mutualistas arquitectos e arquitectos técnicos. Xa temos datos de aproximadamente a metade dos nosos 1322 socios, pero entendemos que desde os colexios poderíase obter máis datos relevantes sobre a...
O COAG, en defensa das competencias da profesión, comparece e constitúese en parte nun procedemento xudicial tramitado no Xulgado Contencioso Administrativo Nº 4 de A Coruña, relativo a un recurso contencioso administrativo polo que se impugna unha licenza concedida polo Concello de Mesía en relación cunha legalización de edificación de uso industrial de taller de carpintería de madeira en base a un proxecto subscrito por arquitecto
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xaneiro de 2026
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de xaneiro de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así...
Últimos días para enviar propuestas a la 5ª edición de los Premios ARQUITECTURA 2026
El próximo día 10 de febrero finaliza el plazo para enviar propuestas a la 5ª edición de los Premios ARQUITECTURA 2026 que organiza el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Estos galardones, patrocinados por COMPAC The Surfaces Company, acercan a...
O Concello de Oleiros incorpórase á interoperabilidade co COAG
A partires do día 4 de febreiro o Concello de Oleiros incorporarase á interoperabilidade co COAG. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e o Concello. Así, a partires do día 4 de febreiro, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na...