O vindeiro venres día 27 de febreiro terá lugar, na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a situación actual da actividade profesional dos arquitectos e as responsabilidades na obra, o urbanismo e o proceso edificatorio, incluíndo espazos de preguntas e debate para o intercambio de ideas.
Programa
Pode desacargarse o programa completo da xornada na seguinte ligazón:
Horario
| Data | Mañá | Tarde |
|---|---|---|
| 27/02/2026 | 09:00 – 14:00 | 16:00 – 20:15 |
Lugar de celebración
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Rúa da Fraga, 27. 15008, A Coruña. [+ver mapa]
Inscripción
A inscripción é gratuita ata acabar aforo.
A inscrición é gratuíta e exclusiva para arquitectos colexiados no COAG e estudantes de arquitectura da ETSAC. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. O aforo é limitado. A inscrición na xornada permanecerá aberta ata as 23:59 h do xoves 26 de febreiro, ou ata esgotárense as prazas dispoñibles.
