Categoría
Congreso Mundial de Arquitectos UIA2026BCN – Sesión informativa para arquitectos
Del 28 de junio al 2 de julio, nuestro país será el epicentro mundial del debate sobre el presente y el futuro de la Arquitectura gracias al Congreso de Arquitectos que la Unión Internacional de Arquitectos (UIA) celebrará en Barcelona. Bajo el lema “Becoming. Architectures for a Planet in Transition”, reunirá algunos de los principales exponentes de la Arquitectura, junto con investigadores y expertos/as de diferentes ámbitos del conocimiento. read more…
Deputación de Pontevedra – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-Pontevedra de 17 de marzo, se publica a Oferta de Emprego Público da Deputación Provincial de Pontevedra para 2026, onde figura, entre outras, unha praza de Arquitecto/a por sistema de oposición libre. read more…
Oferta de emprego.
BATLLE I ROIG ARQUITECTURA SLP selecciona arquitecto/a asalariado para formar parte do equipo redactor de proxectos en todas as súas fases .
read more…
Curso_”Instalacións de iluminación”
As instalacións de iluminación nos edificios satisfán as esixencias de seguridade baixo criterios de utilización segundo o uso destinado a estes. Un deseño adecuado das instalacións de iluminación, atendendo ademais a solucións de iluminación natural facilitan, non só seguridade, senón tamén confort visual, contribuíndo ao estado de ánimo e saúde dos ocupantes, á estética e caracterización dos espazos e ao aforro enerxético.
Este curso ten como obxectivo que os participantes adquiran os coñecementos e de capacidades necesarias para proxectar as súas instalacións de iluminación baixo os canons contemporáneos de tecnoloxía e implementación de solucións adecuadas ao tipo de uso dos espazos.
Durante o curso, aprenderemos tamén a manexar un software gratuíto para o cálculo e dimensionado destas instalacións.
Este curso está dirixido:
– A arquitectos que desexen iniciarse no deseño e dimensionado das instalacións de iluminación para o desenvolvemento dos seus propios proxectos.
– A arquitectos que desenvolven as instalacións en colaboración con outros profesionais, este curso facilitaralles os coñecementos necesarios para a coordinación do proxecto e a dirección da obra, incluídas as modificacións que poidan xurdir durante a mesma.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 100 euros
- Arquitectos colexiados: 60 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 25/03/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 25/03/2026 ata o mércores 08/04/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Coa colaboración de ![]()
Xornada Novxs Arquitectxs Delegación de Santiago de Compostela
A Delegación de Santiago do COAG organiza unha nova xornada de “novxs arquitectxs”, un encontro pensado para xerar un espazo de intercambio entre profesionais que están comezando a súa práctica arquitectónica. read more…
Curso formación iluminación especializada en A Coruña
Formación especializada en iluminación arquitectónica para retail, residencial, hoteles y restaurantes en colaboración con COAG. read more…
Asamblea HNA y finalización del plazo de inscripción
Por su posible interés, importancia y urgencia para los colegiados mutualistas, HNA ha anunciado la celebración de su «Asamblea General nº 90» para el día 26 de marzo de 2026. En una reseña en el Área Privada de su página web se puede encontrar toda la documentación referida a dicha Asamblea.
#COAGconta: Erros comúns na tramitación de visado
O mércores 18 de marzo ás 12:00 horas, Anxo de la Puente Fernández, arquitecto coordinador da área de visado do Colexio de Arquitectos de Galicia, fará un repaso detallado para corrixir os erros materiais e formais máis recorrentes na tramitación de expedientes (rexistro e visado).
Expoñeranse entre outros aspectos:
- Incoherencia entre partes
- Tramitación no COAGestudio
- Conceptos erróneos en obras
- Contidos da documentación
- CFO
- Legalizacións
- Ceses e substitucións
O Tribunal Supremo, mediante a sentenza Nº 263/2026, de 3 de marzo, da Sala de lo Contencioso -Administrativo, Sección Cuarta, estima o recurso de casación do COAG (REC. CASACIÓN 7642/2023) en relación coa impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación de “servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención A Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo.
- A orixe deste procedemento xudicial foi a impugnación por parte do COAG dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo (Pontevedra) incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONUE” (Nº Expte 45/2022) referencia do expte CPS-2022-0014, mediante a interposición de recurso especial en materia de contratación (agosto 2022).
O motivo da impugnación foron os criterios de adxudicación ao entender o COAG que os criterios de adxudicación recollidos no prego infrinxen o artigo 145.4 LCSP que establece que nos contratos de servizos de arquitectura, os criterios relacionados coa calidade deben representar como mínimo o 51% da puntuación asignable e consecuentemente os criterios relacionados cos custes, como o prezo, non poden superar o 49% e que este artigo é aplicable a todos os contratos de servizos que inclúen prestacións de carácter intelectual (como os servizos de arquitectura) e no entendemento de que hay criterios de calidade que poden ser avaliados mediante xuízo de valor e outros que poden ser avaliados mediante fórmula matemáticas.
O procedemento de licitación era o procedemento aberto simplificado regulado no artigo 159 LCSP que entre outras cuestións indica: “b) Que entre los criterios de adjudicación previstos en el pliego no haya ninguno evaluable mediante juicio de valor o, de haberlos, su ponderación no supere el veinticinco por ciento del total, salvo en el caso de que el contrato tenga por objeto prestaciones de carácter intelectual, como los servicios de ingeniería y arquitectura, en que su ponderación no podrá superar el cuarenta y cinco por ciento del total”. Os pregos asimilaban “criterios evaluables mediante xuízo de valor” con “criterios de calidade” de xeito que os criterios de adxudicación de calidade recollidos no prego representaban unicamente o 45% do total.
- O recurso especial en materia de contratación que foi desestimado polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia.
- Fronte a dita desestimación presentouse recurso contencioso administrativo en vía xudicial que foi desestimado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante a sentencia sentencia nº 244/2023, de 14 de xullo. (notificada o 21 de xullo 2023)
- Ante dita sentencia desestimatoria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o COAG presentou recurso de casación (5 outubro 2023) ante o Tribunal Supremo.
O COAG no seu recurso de casación solicitaba: «La estimación del presente Recurso de Casación contra la sentencia de la Sección Tercera de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia de fecha 14 de Julio de 2023 en Procedimiento Ordinario n° 7327/2022, casando y revocando la misma, estimando el recurso en su día interpuesto, y reconociendo que es exigible que el Pliego contenga Criterios relacionados con la Calidad que representen, cuanto menos, el 51 por ciento de la puntuación asignable en la valoración de la oferta por ser relativa a prestaciones de Arquitectura dado su carácter intelectual con arreglo al artículo 145.4 de la LCSP y DA 41 de la misma, así como que el procedimiento de licitación debe respetar las exigencias de los artículos 145.4 y 159 de la LCSP dado que no son equivalentes los términos Criterios de Calidad y Criterios Evaluables mediante Juicio de Valor y por ello, fijando Doctrina para formación de Jurisprudencia según lo antes expuesto, con imposición de costas en la instancia».
O Tribunal Supremo mediante a sentenza 263/2026, de 5 de marzo, da Sala do Contencioso Administrativo, Sección cuarta, (notificada o 9 de marzo de 2026) estima o RECURSO DE CASACIÓN Nº 7642 INTERPOSTO POLO COAG.
Recollemos a continuación a conclusión da sentenza:
“CUARTO. – Doctrina de la Sala.
(…)
2- En el presente caso, la licitación se sigue por el procedimiento abierto simplificado de adjudicación, regulado en el artículo 159 de la LCSP, cuestión que fue examinada en la sentencia de esta Sala, Sección Tercera, n.o 390/2025, de 3 de abril (RC 3910/2022, ECLI:ES:TS:2025:1723), y en la sentencia de esta Sección Cuarta n.o 39/2026, de 21 de enero (RC 1054/2023, ECLI:ES:TS:2026:90), que extienden la aplicación del requisito del artículo 145.4 de la LCSP al procedimiento abierto simplificado, de modo que, además del requisito cuantitativo, es preciso que la evaluación mediante juicio de valor de los criterios relacionados con la calidad -o de otros de carácter cualitativo- no superen el 45 por ciento del total.
En las citadas sentencias se distingue entre: (i) criterios de adjudicación, que son los elementos o parámetros que han de aplicarse para valorar las ofertas en un proceso de licitación y seleccionar la que ofrezca la mejor relación entre calidad y precio, debiendo utilizarse, en general, una pluralidad de ellos, y (ii) reglas de valoración, que son las reglas de aplicación de los criterios de adjudicación, que pueden evaluarse de forma automática, mediante fórmulas, cifras o porcentajes, lo que garantiza mayor transparencia y objetividad de la adjudicación, o mediante un juicio de valor, que lleva aparejado cierto grado de subjetividad.
A partir de esta distinción, las citadas sentencias concluyen, como doctrina casacional, en interpretación de los artículos 145.4 y 159 de la LCSP, que los criterios de adjudicación de los contratos relacionados con la calidad pueden ser evaluados de forma automática, mediante juicio de valor o combinando ambas modalidades, si bien en los contratos que tengan por objeto prestaciones de carácter intelectual, como los servicios de ingeniería y arquitectura, la valoración, según dispone el artículo 145.4 de la LCSP, ha de representar en todo caso, al menos, el 51 por ciento de la puntuación total, lo que también ha de respetarse en el procedimiento abierto simplificado de adjudicación regulado en el artículo 159 de la misma Ley, para cuya utilización, además del requisito cuantitativo, es preciso que la evaluación mediante juicio de valor de los criterios relacionados con la calidad -o de otros de carácter cualitativo- no supere el 45 por ciento del total.
QUINTO. – Decisión del recurso.
La aplicación de la doctrina casacional al caso lleva a la estimación del recurso, casando y anulando la sentencia recurrida.”
Dispoñible o catálogo de libros dixitalizados do Arquivo do COAG
- O catálogo de libros dixitalizados con OCR para a súa descarga gratuíta a través do PDF interactivo do [+catálogo]. O catálogo trátase dun PDF interactivo que recolle os enlaces a todos os libros dixitalizados para a súa consulta e descarga gratuíta.
- Máis de 50 publicacións para a súa adquisición a través da páxina de [+LibrosCOAG]. Podedes consultar as novedades na seguinte lista:
Congreso Mundial de Arquitectos UIA2026BCN – Sesión informativa para arquitectos
Del 28 de junio al 2 de julio, nuestro país será el epicentro mundial del debate sobre el presente y el futuro de la Arquitectura gracias al Congreso de Arquitectos que la Unión Internacional de Arquitectos (UIA) celebrará en Barcelona. Bajo el lema “Becoming....
Deputación de Pontevedra – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-Pontevedra de 17 de marzo, se publica a Oferta de Emprego Público da Deputación Provincial de Pontevedra para 2026, onde figura, entre outras, unha praza de Arquitecto/a por sistema de oposición libre. Enlace ao BOP-Pontevedra
Oferta de emprego.
BATLLE I ROIG ARQUITECTURA SLP selecciona arquitecto/a asalariado para formar parte do equipo redactor de proxectos en todas as súas fases . Buscamos un/a Arquitecto/a profesional, creativo/a, cun bo coñecemento técnico, motivado/a e con ganas de incorporarse ao...
Curso_”Instalacións de iluminación”
As instalacións de iluminación nos edificios satisfán as esixencias de seguridade baixo criterios de utilización segundo o uso destinado a estes. Un deseño adecuado das instalacións de iluminación, atendendo ademais a solucións de iluminación natural facilitan, non só...
Xornada Novxs Arquitectxs Delegación de Santiago de Compostela
A Delegación de Santiago do COAG organiza unha nova xornada de “novxs arquitectxs”, un encontro pensado para xerar un espazo de intercambio entre profesionais que están comezando a súa práctica arquitectónica. Nesta ocasión acompañarannos tres estudos novos vinculados...
Curso formación iluminación especializada en A Coruña
Formación especializada en iluminación arquitectónica para retail, residencial, hoteles y restaurantes en colaboración con COAG. Los colegiados del COAG tienen un 25% de descuento en la matrícula. Desde hace más de 30 años, en Lightandstudio ofrecemos soluciones...
Asamblea HNA y finalización del plazo de inscripción
Por su posible interés, importancia y urgencia para los colegiados mutualistas, HNA ha anunciado la celebración de su «Asamblea General nº 90» para el día 26 de marzo de 2026. En una reseña en el Área Privada de su página web se puede encontrar toda la documentación...
#COAGconta: Erros comúns na tramitación de visado
O mércores 18 de marzo ás 12:00 horas, Anxo de la Puente Fernández, arquitecto coordinador da área de visado do Colexio de Arquitectos de Galicia, fará un repaso detallado para corrixir os erros materiais e formais máis recorrentes na tramitación de expedientes...
O Tribunal Supremo, mediante a sentenza Nº 263/2026, de 3 de marzo, da Sala de lo Contencioso -Administrativo, Sección Cuarta, estima o recurso de casación do COAG (REC. CASACIÓN 7642/2023) en relación coa impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación de “servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención A Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo.
A orixe deste procedemento xudicial foi a impugnación por parte do COAG dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación...
Dispoñible o catálogo de libros dixitalizados do Arquivo do COAG
Grazas ao traballo realizado desde Libros COAG, xa están dispoñibles: O catálogo de libros dixitalizados con OCR para a súa descarga gratuíta a través do PDF interactivo do [+catálogo]. O catálogo trátase dun PDF interactivo que recolle os enlaces a todos os libros...