O mércores 18 de marzo ás 12:00 horas, Anxo de la Puente Fernández, arquitecto coordinador da área de visado do Colexio de Arquitectos de Galicia, fará un repaso detallado para corrixir os erros materiais e formais máis recorrentes na tramitación de expedientes (rexistro e visado).
Expoñeranse entre outros aspectos:
- Incoherencia entre partes
- Tramitación no COAGestudio
- Conceptos erróneos en obras
- Contidos da documentación
- CFO
- Legalizacións
- Ceses e substitucións
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ ligazón]
Lembra que podes ter acceso a todalas gravacións de xornadas exclusivas para colexiados dende a páxina web do COAG, apartado servizos / formación / gravación de xornadas de asesoramento.
