Xornada Novxs Arquitectxs Delegación de Santiago de Compostela

11 Mar 2026

A Delegación de Santiago do COAG organiza unha nova xornada de “novxs arquitectxs”, un encontro pensado para xerar un espazo de intercambio entre profesionais que están comezando a súa práctica arquitectónica.

Nesta ocasión acompañarannos tres estudos novos vinculados á cidade de Santiago. A xornada contará con breves presentacións nas que cada estudo amosará o seu traballo e compartirá unha reflexión sobre os primeiros anos de exercicio profesional e a súa relación coa profesión. A continuación abrirase un espazo de conversa e debate entre poñentes e asistentes para compartir experiencias, inquietudes e visións sobre a práctica arquitectónica.

A xornada rematará cun encontro informal para continuar a conversa e fomentar novas conexións entre as persoas asistentes.

Así mesmo, con esta xornada preténdese establecer sinerxías entre as distintas persoas participantes, así como difundir o Programa de “Mentoring para arquitectxs” que a Delegación impulsa desde o ano 2023.

PONENTES:

ESTUDIO AX
estudioax.es

BEIRA ARQUITECTURA
beiraarquitectura.com

BARBOZA BLANCO
barbozablanco.com

DATA:
Venres 17 de abril de 2026

HORARIO:
19:30 a 21:00 horas

LUGAR:
Sede Afundación
Rúa do Vilar, 19
Santiago de Compostela.

INSCRICIÓN:
En próximas datas anunciarase a apertura do prazo de inscrición.

Compartir