Categoría

Oferta PREOC 2026 + PREMETI 2026

Oferta PREOC 2026 + PREMETI 2026

ATAYO S.A. nos comunica la aparición de la base de precios de construcción PREOC 2026 y del programa de Mediciones y Presupuestos PREMETI 2026, ofreciendo como todos los años un importante descuento (50%) al realizar la compra a través del Colegio. Un año especial por el anuncio de la próxima construcción de nuevas viviendas por las Comunidades Autónomas, Ayuntamientos y Estado de la Nación. read more…

Open Call: Bienal de Nova Arquitectura no Campus Tecnolóxico de Cortizo

Open Call: Bienal de Nova Arquitectura no Campus Tecnolóxico de Cortizo

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), no seu compromiso co talento emerxente, organiza en colaboración con Cortizo a primeira Bienal de Nova Arquitectura como espazo de encontro para dar voz á nova xeración de profesionais. Esta iniciativa busca o intercambio de coñecemento e consolidar unha alianza estratéxica entre a arquitectura nova e a vangarda industrial do país.

A xornada, que acontecerá o 12 de xuño no Campus Tecnolóxico de Cortizo (Padrón), porá o seu foco nas conversas e o networking entre os diferentes profesionais, con mesas de debate e presentacións de persoas relevantes nesta nova xeración de arquitectos e arquitectas.

Nese marco abrimos un Open Call que busca seleccionar propostas enfocadas a presentacións rápidas (5 minutos, 10 imaxes) para que os arquitectos e arquitectas galegas (nados en Galicia ou colexiados do COAG) de menos de 40 anos poidan expoñer os seus proxectos, investigacións, accións innovadoras, experiencias profesionais de carácter xeral ou preocupacións.

De xeito orientativo, sen perxuízo de outras, establécense as seguintes categorías nas que se poderían encadrar as propostas:

  • Investigacións Disciplinares
  • Accións Colectivas
  • Procesos Industriais
  • Artesanía e Tradición
  • Experiencias de Internacionalización
  • Actividades Paralelas

As propostas deberán ser presentados polos seus autores a través do seguinte formulario, no que se solicita unha imaxe representativa e un texto explicativo de 200 palabras. A data límite de envío de propostas remata o 5 de maio de 2026.

[Formulario de inscrición]

Anímate, vémonos en Padrón!

Curso básico de inspección de instalacións en edificios existentes

Curso básico de inspección de instalacións en edificios existentes

A inspección técnica é unha fase esencial dentro do proceso de conservación dos edificios. No caso das instalacións de edificios, ás veces as súas normativas específicas requiren, pola súa natureza, un control periódico especializado, pero noutras, como as instalacións eléctricas, de iluminación, de auga, evacuación, etc, non se regula dita inspección.

Ademais, a avaliación do estado de conservación das instalacións dos edificios (agás aquelas que requiran, segundo a súa propia normativa, unha inspección técnica específica) está incluída no ámbito legalmente definido polo Informe de Avaliación de Edificios [IAE].

Durante o curso abordaremos unha metodoloxía sinxela para a inspección técnica das instalacións, baseada principalmente na inspección visual dos seus compoñentes, dende ciriterios de seguridade e funcionalidade. Esta metodoloxía básica servirá para abordar a inspección técnica das instalacións, tanto con fins de mantemento como no contexto dos Informes de Avaliación de Edificios (IAE).

Prezos de matrícula 

  • Matrícula ordinaria: 90 euros
  • Arquitectos colexiados: 40 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 25 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.

O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 29/04/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 29/04/2026 ata o luns 11/05/2026 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]  

Coa colaboración de 

Últimos días – Concurso para el diseño del espacio del CSCAE en el Congreso Mundial de Arquitectos de la UIA

Últimos días – Concurso para el diseño del espacio del CSCAE en el Congreso Mundial de Arquitectos de la UIA

El objeto del certamen incluye el diseño y conceptualización del espacio, así como la dirección y supervisión de la producción, montaje y desmontaje de todos sus elementos. Ubicado en el Disseny Hub, funcionará como lugar de recepción de visitantes, espacio expositivo y dispondrá de una zona destinada a los eventos de los Colegios de Arquitectos y de las secciones miembro de la Unión Internacional de Arquitectos. read more…

Conferencia de VIER arquitectos: Entrando en Materia(s)

Conferencia de VIER arquitectos: Entrando en Materia(s)

O mércores 22 de abril, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Entrar en materia(s) que será impartida polos arquitectos Antonio Raya, Cristóbal Crespo, Santiago Sánchez e Enrique Antelo, fundadores e socios do estudio VIER arquitectos.  read more…

Oferta de emprego

Oferta de emprego

Estudo Paula Alfonso arquitectura con sede en Cambados, selecciona arquitecto/a asalariado. Seleccionase arquitecta/o asalariado para formar parte do equipo redactor. Con boa base técnica e coñecementos propios de redacción de proxectos de edificación, normativa...

Convocatorias de Xuntas ordinarias de Delegación do mes de abril

Convocatorias de Xuntas ordinarias de Delegación do mes de abril

Informase da convocatoria das Xuntas ordinarias de Delegacións do Colexio, a celebrar no mes de abril, que se indican a continuación. CONVOCATORIAS Convocatoria de Xunta ordinaria da Delegación da Coruña o día 30 de abril. ENLACE. Convocatoria de Xunta ordinaria...