Open Call: Bienal de Nova Arquitectura no Campus Tecnolóxico de Cortizo

20 Abr 2026

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), no seu compromiso co talento emerxente, organiza en colaboración con Cortizo a primeira Bienal de Nova Arquitectura como espazo de encontro para dar voz á nova xeración de profesionais. Esta iniciativa busca o intercambio de coñecemento e consolidar unha alianza estratéxica entre a arquitectura nova e a vangarda industrial do país.

A xornada, que acontecerá o 12 de xuño no Campus Tecnolóxico de Cortizo (Padrón), porá o seu foco nas conversas e o networking entre os diferentes profesionais, con mesas de debate e presentacións de persoas relevantes nesta nova xeración de arquitectos e arquitectas.

Nese marco abrimos un Open Call que busca seleccionar propostas enfocadas a presentacións rápidas (5 minutos, 10 imaxes) para que os arquitectos e arquitectas galegas (nados en Galicia ou colexiados do COAG) de menos de 40 anos poidan expoñer os seus proxectos, investigacións, accións innovadoras, experiencias profesionais de carácter xeral ou preocupacións.

De xeito orientativo, sen perxuízo de outras, establécense as seguintes categorías nas que se poderían encadrar as propostas:

  • Investigacións Disciplinares
  • Accións Colectivas
  • Procesos Industriais
  • Artesanía e Tradición
  • Experiencias de Internacionalización
  • Actividades Paralelas

As propostas deberán ser presentados polos seus autores a través do seguinte formulario, no que se solicita unha imaxe representativa e un texto explicativo de 200 palabras. A data límite de envío de propostas remata o 5 de maio de 2026.

[Formulario de inscrición]

Anímate, vémonos en Padrón!

Compartir