Categoría

Conferencia de Camilla Mileto do estudio Mileto e Vegas

Conferencia de Camilla Mileto do estudio Mileto e Vegas

O mércores 27 de maio, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Restaurar a arquitectura tradicional no século XXI que será impartida pola arquitecta italiana Camilla Mileto, do estudio Mileto e Vegas. read more…

Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas

Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia segue a desenvolver diferentes liñas de traballo para axilizar a xestión das licenzas. Por unha banda púxose en marcha hai meses unha mesa de traballo entre a Xunta, a FEGAMP e o propio COAG para definir de xeito claro qué cuestións deben ser obxecto de revisión por parte dos técnicos municipais e cales son responsabilidade exclusiva dos proxectistas e polo tanto non requiren de control no proceso de outorgamento da licenza. Nesta mesa estase tamén a traballar para regular o contido do informe técnico municipal no proceso de outorgamento das licenzas de obra. read more…

#COAGconta: O Catastro como infraestrutura básica de información territorial

#COAGconta: O Catastro como infraestrutura básica de información territorial

O vindeiro martes 19 de maio, de 12:00 a 13:30 horas, o COAG organiza con Catastro unha nova sesión formativa centrada no Catastro como infraestrutura básica de información territorial.

Esta xornada inscríbese dentro dos actos da Semana da Administración Aberta 2026, unha iniciativa internacional impulsada pola Alianza para o Goberno Aberto. No noso país, a organización corre a cargo da Dirección Xeral de Gobernanza Pública do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.

[Ligazón de seguimento en directo]

Programa da sesión

1. Nocións básicas do Catastro

  • Que é o Catastro?: Definición, contido, competencias e ámbito das mesmas. Os bens inmobles no Catastro.
  • Cales son os fins do Catastro?: Orixe e propósitos iniciais. Fins e funcións actuais:
    • Fiscalidade inmobiliaria: valor catastral e valor de referencia.
    • Base de datos inmobiliaria: acceso á información catastral.
  • Trascendencia dos datos catastrais no mundo inmobiliario.

2. Como se mantén o Catastro?

  • Procedementos catastrais:
    • Actualización permanente dos datos catastrais.
    • Rectificación dos erros existentes.
  • Trascendencia dos cambios na valoración.
  • Trámites administrativos.
  • Notarios e Rexistradores.
  • Ferramentas da Sede Electrónica do Catastro.

3. Labor do técnico no tráfico inmobiliario e canles para a resolución de dúbidas.

Sobre a Semana da Administración Aberta (SAA)

O obxectivo primordial desta iniciativa, que este ano se celebra do 18 ao 24 de maio, é achegar a Administración á cidadanía. É unha oportunidade para coñecer de preto os recursos e ferramentas públicas dispoñibles para os profesionais e o público xeral. Como referencia do éxito desta convocatoria, na edición de 2025 celebráronse case 1.800 eventos en todo o territorio nacional.

Contido da formación

A sesión afondará na importancia estratéxica do Catastro para a xestión do territorio, ofrecendo aos colexiados as claves técnicas e administrativas para optimizar o uso desta infraestrutura de información na súa práctica profesional.

Detalles do evento

  • Data: Martes, 19 de maio de 2026.
  • Hora: 12:00 h (Duración aprox. 90 min).
  • Formato: en liña

Ligazóns de interese:

Colabora  

 

O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta recurso contencioso administrativo, en impugnación das bases específicas da convocatoria de EMVSA (Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. de A Coruña) para a contratación temporal e constitución dunha bolsa de emprego, para prover diversas prazas, entre elas 1 praza de “Arquitecto Superior ou Técnico”.

O motivo do recurso é que, á vista das funcións do posto, o colexio entende que a titulación profesional precisa é a de Arquitecto. (Bases publicadas no BOP DA CORUÑA Nº56 DE 25 DE MARZO DE 2026 ).

Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas

Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia segue a desenvolver diferentes liñas de traballo para axilizar a xestión das licenzas. Por unha banda púxose en marcha hai meses unha mesa de traballo entre a Xunta, a FEGAMP e o propio COAG para definir de xeito claro qué...

Oferta de emprego

Oferta de emprego

Estudo de Arquitectura con sede en Xinzo de Limia, selecciona arquitecto/a. Seleccionase arquitecto/a para redacción de proxectos en todas as súas fases. Precisase profesional creativo con capacidade no deseño e dispoñibilidade para incorporación inmediata....