Conferencia dos arquitectos Arev Samuelyan, Emma Harutyunyan, Ashot Snkhchyan, Garegin Yeghoyan e Artak Knyazyan

15 maio 2026

O mércores 20 de maio, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: ARMENIA. Pedra, tempo e arquitectura, impartida polos arquitectos Arev Samuelyan, Emma Harutyunyan, Ashot Snkhchyan, Garegin Yeghoyan e Artak Knyazyan; todos eles vinculados á Universidade Politécnica de Armenia (NUACA).

Síntese

«Armenia é unha das civilizacións máis antigas do mundo, e a súa arquitectura constitúe un legado excepcional que atravesa máis de tres milenios: dende os asentamentos megalíticos do período prehistórico até as intervencións contemporáneas que hoxe debaten a súa identidade no século XXI.

A conferencia articúlase en catro capítulos que ofrecen un percorrido cronolóxico e temático pola historia construída de Armenia. No primeiro, Arev Samuelyan explora a arquitectura prehistórica do territorio armenio, dende os primeiros asentamentos neolíticos até as estruturas ciclópeas e as cidades fortificadas da Idade de Bronce, trazando as orixes dunha cultura material singular. A continuación, Emma Harutyunyan presenta a arquitectura medieval armenia —considerada un dos períodos máis creativos da historia da arquitectura universal—, con especial atención ás súas igrexas, mosteiros e catedrais de pedra volcánica, declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

O terceiro bloque, a cargo de Ashot Snkhchyan, aborda a complexa convivencia entre modernidade e historicismo que caracterizou a arquitectura armenia durante o século XX, marcada pola experiencia soviética e a procura dunha identidade nacional propia. Por último, Garegin Yeghoyan e Artak Knyazyan presentan o panorama da arquitectura contemporánea armenia a través dos seus estudios Archcoop e Archangel, referentes do pensamento arquitectónico actual no Cáucaso Sur.

Unha sesión que convida a coñecer unha tradición arquitectónica pouco difundida en Occidente, pero dunha riqueza e coherencia notables, a través das voces de quen a habita, a estuda e a proxecta».

Currículos dos relatores

Arev Samuelyan

Arquitecta e investigadora especializada en arquitectura prehistórica e protohistórica do Cáucaso. Doutora pola Universidade Estatal de Ereván, ten participado en numerosas excavacións arqueolóxicas no territorio armenio e é autora de varios estudos sobre o patrimonio construído do período neolítico e a Idade de Bronce na rexión. O seu traballo combina a investigación de campo coa documentación e difusión do patrimonio arquitectónico máis antigo de Armenia.

Emma Harutyunyan

Historiadora da arquitectura e profesora na Universidad Politécnica de Armenia (NUACA). Especialista en arquitectura medieval armenia, ten publicado estudios sobre os principais conxuntos monásticos do país —Geghard, Haghpat, Noravank— e ten participado en proxectos de catalogación do patrimonio para o Ministerio de Cultura de Armenia. É unha das principais voces académicas na difusión internacional da arquitectura medieval do Cáucaso cristiano.

Ashot Snkhchyan

Arquitecto e crítico de arquitectura. Profesor na Facultade de Arquitectura e Deseño da Universidade Americana de Armenia. A súa investigación céntrase na arquitectura do período soviético en Armenia e nas tensións entre modernismo, historicismo e identidade nacional que configuraron a paisaje urbana de Ereván durante o século XX. Ten sido comisario de varias exposicións sobre patrimonio arquitectónico moderno no Cáucaso.

Garegin Yeghoyan y Artak Knyazyan

Arquitectos e cofundadores, respectivamente, dos estudios Archcoop e Archangel, dúas das oficinas máis recoñecidas da escena contemporánea armenia. O seu traballo explora novos modelos de habitar, así como a rexeneración urbana e a relación entre arquitectura, paisaxe e memoria colectiva no contexto postcomunista. Ambos teñen sido seleccionados en bienais internacionais de arquitectura e a súa obra ten sido publicada en revistas especializadas de Europa e Oriente Medio.

 

DATA

Mércores 20 de maio de 2026– 19:00 horas

 

LUGAR

COAG A Coruña

Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

 

ORGANIZAN

Unidade de investigación Paisaxe, Arquitectura e Cidade, pARQc, da ETSAC, UDC

Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

 

COLABORA

Asociación cultural Flor de Santiago

Compartir