O mércores 27 de maio, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Restaurar a arquitectura tradicional no século XXI que será impartida pola arquitecta italiana Camilla Mileto, do estudio Mileto e Vegas.
Síntese
«Nos nosos días, a restauración da arquitectura tradicional existente xa non é unha cuestión de capricho, romanticismo ou sensibilidade pola arquitectura do pasado. Continuar a dar uso a estas arquitecturas supón tamén unha acción de sensatez e de sostibilidade medioambiental, socioeconómica e sociocultural, loita contra o cambio climático, defensa da identidade cultural do lugar, promoción dos oficios artesanais e antídoto contra a despoboación. Nesta conferencia presentaranse casos prácticos de restauración de vivendas rurais e urbanas realizadas con materiais km0, conciencia do ciclo de vida, prevalencia de man de obra sobre produtos industriais e cun coste contido; factores todos eles que amosan a solidez e factibilidade desta forma de pensar e actuar».
Currículo

C.Mileto Photo Cassia Davis. © 2024 J Paul Getty Trust
Camillla Mileto e Fernando Vegas son doutores arquitectos e catedráticos da Universidad Politécnica de Valencia. Teñen enfocada a súa profesión en torno á restauración arquitectónica e a obra de nova planta reinterpretando materiais e técnicas tradicionais. Teñen desenvolto proxectos e obras para a Finca Güell de Gaudí en Barcelona ou a Alhambra de Granada, entre outros monumentos e edificacións singulares. Foron profesores convidados en varias universidades, como Venecia, Palermo, Milán, Ferrara (Italia), Córdoba (Arxentina) e a University of Philadelphia (Estados Unidos). Ademais, teñen ditado conferencias en numerosas outras universidades e institucións nacionais e internacionais de arredor de trinta países. Son directores da revista Loggia e coordinadores en España da Cátedra UNESCO de Arquitectura de Tierra, Culturas Constructivas y Desarrollo Sostenible. Teñen recibido premios nacionais e internacionais polas súas investigacións, publicacións, docencia, proxectos e obra de nova planta, restauración e intervención. Son membros electos da Académie d’Architecture de France en París. Foron investigadores convidados polo Getty Conservation Institute de Los Ángeles. Teñen publicado numerosos artigos e libros sobre o patrimonio arquitectónico, especialmente manuais de restauración de diversos ámbitos, rexional, nacional e internacional, buscando establecer unha ponte entre a teoría e a práctica da profesión, profundando na historia, a arquitectura, as técnicas construtivas e as técnicas de restauración, pero sen perder de vista un carácter divulgativo que permita expandir o coñecemento e alcanzar á sociedade.
Como mostra do extenso recoñecemento deste estudio amósase aquí unha selección dos premios acadados:
- 1er Premio da Unión Europea ao Patrimonio Cultural (Europa Nostra 2004)
- Premio Nacional Concepción Arenal 2004, con Juan Luis Montero
- Mention HWH West Award for Best Paper by a Young Researcher no 10th Canadian Masonry Symposium, 2005
- Premio 2006 ao mellor libro concedido polo COACV
- Medalla Europa Nostra 2008
- 1er Premio da Unión Europea ao Patrimonio Cultural (Europa Nostra 2011)
- 1er Premio Internacional Domus Restauro e Conservazione 2012
- Mención Europa Nostra 2013 pola restauración da Torre Bofilla
- 1er Premio Internacional AADIPA 2013 do patrimonio arquitectónico polo libro “Homo faber. Arquitectura preindustrial del Rincón de Ademuz”
- 2º Premio Internacional AADIPA 2013 do patrimonio arquitectónico polo libro “Aprendiendo a restaurar. Un manual de restauración de la CV”
- Mención do Premio Internacional Dedalo Minosse 2014
- 1er Premio Sandalio Miguel María Aparicio da cidade de Valencia 2014
- 2º Premio Int. AADIPA 2015: libro “La restauración de la tapia en la Península Ibérica”
- Finalista no Premio ThePlan 2016 na categoría Landscape
- 2º Premio IQU Innovazione e Qualità Urbana Maggioli 2016
- Mención nos Excellence Awards do INTBAU 2016
- International Prize Domus-Special Prize for International Education Section 2017
- 1st Eur. Award AADIPA 2017: VerSus: Lessons from Vernacular for Sustainable Arch.
- 2017 Architizer A+Awards Special Mention: Mortuary Chapel at Vila-Real, Castellón
- Honourable Mention 11ème Prix Européen d’Architecture Philippe Rotthier 2017
- Winner: the American Architecture Prize AAP 2017 for the Mortuary Chapel, Vila-Real
- 1st COACV Prize for the best Urbanization: Jardín de la Memoria, Castellón
- ICOMOS CIAV Award 2017 pola organización do Congreso SosTierra 2017´
- Premiados polo Proxecto de Recuperación do Santuario da Penyagolosa 2019
- Europa Nostra Mention Award 2019 for Red de Maestros de Construcción Tradicional
- 1er Premio Hispania Nostra 2019 pola Red de Maestros de Construcción Tradicional
- 2º International AADIPA Prize 2019 polo libro Centro Histórico de Valencia
- 1st Premio Terra Ibérica 2019 pola restauración da Torre Bofilla, Bétera, Valencia
- Premio Nacional de Artesanía 2021 del EOI do Ministerio de Industria pola Red Nacional de Maestros de la Construcción Tradicional, xunto ao INTBAU
- 1er Premio Terra Ibérica 2023. Libro: Criterios de restauración de la arquitect. de tierra
- 2º Premio Domus Internacional 2024. Restauración da Torre de Cálig (Castellón)
- Finalistas no Materia Award 2025: restauración da Barraca dos Aranda, Palmar
- Accésit Premio Toni Cobos Intervención 2024. Restauración dunha Casa en Sesga
- 1er Premio Toni Cobos Divulgación 2024. Libro: Rehabilitando El Cabanyal
Sobre o seu traballo pode atoparse máis información en: <https://resarquitectura.blogs.upv.es/>
DATA
Mércores 27 de maio de 2026– 19:00 horas
LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
ORGANIZA
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
COLABORA
Asociación cultural Flor de Santiago
